Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

A micción é un proceso polo que a mexa urinaria se baleira de ouriños cando está chea. A vexiga urinaria ou mexa (que en estado baleira se atopa comprimida polos demais órganos) énchese de a pouco até que a tensión das súas paredes se eleva por enriba dun valor limiar e entón se desencadea un reflexo neuróxeno chamado reflexo miccional que provoca a micción (mexar), e se non se consegue, polo menos produce o desexo consciente de mexar.

Micción feminina.
Micción masculina.

O proceso da micción é, na maioría das veces, controlado voluntariamente. A incontinencia urinaria é o control pobre ou ausente da micción.