Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Miriam Makeba, nada o 4 de marzo de 1932 en Xohanesburgo e finada o 10 de novembro de 2008 na cidade italiana de Castel Volturno, foi unha cantante surafricana, coñecida tamén como Mama Afrika.

Modelo:BiografíaMiriam Makeba

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Zenzi Miriam Makeba Editar o valor en Wikidata
4 de marzo de 1932 Editar o valor en Wikidata
Xohanesburgo, Suráfrica Editar o valor en Wikidata
Morte9 de novembro de 2008 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Castel Volturno, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Outros nomesMama Africa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, artista discográfico, actriz, compositora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor en Wikidata - 2008 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMarabi (pt) Traducir, música rock, world music, Música popular da África (pt) Traducir, Jazz e township music (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoStrut (pt) Traducir
Warner Bros. Records
Reprise Records
Philips
Collectables (pt) Traducir
Mercury Records
Kapp Records
RCA Victor
Sonodisc (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeStokely Carmichael (1969–1978)
Hugh Masekela (1964–1966) Editar o valor en Wikidata
FillosBongi Makeba
 () Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Obálky knih,
Africa: An Encyclopedic Reference (en) Traducir, (vol:2) Editar o valor en Wikidata
Páxina webmiriammakeba.co.za Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0538460 Allocine: 14986 Allmovie: p44750 IBDB: 88154
Youtube: UCtG-0YfpANb1eiCDlxWDJuQ BNE: XX1012708 Bandcamp: miriammakeba Spotify: 18RkLKfeoUgZflWv9os25W iTunes: 219900 Last fm: Miriam+Makeba Musicbrainz: bc5c2918-4aba-4ef6-a245-100563a4487f Songkick: 381396 Discogs: 76040 Allmusic: mn0000496097 WikiTree: Makeba-1 Find a Grave: 31293589 Deezer: 8514 Genius: Miriam-makeba Editar o valor en Wikidata

Zensile Makeba Qgwashu Nguvama Yiketheli Nxgowa Bantana Balomzi Xa Ufnu Ubajabulisa Ubaphekeli Mbiza Yotshwala Sithi Xa Saku Qgiba Ukutja Sithathe Izitsha Sizi Khabe Singama Lawu Singama Qgwashu Singama Nqamla Nqgithi[1], chamada Miriam Makeba, era filla dunha curandeira suaci e dun xosa que morreu cando ela era unha nena. Segundo a tradición, o seu nome contén os nomes propios de todos os seus devanceiros homes, ademais dunha ou dúas palabras que describen o seu carácter.

Comezou a cantar de pícara, na Kilmerton Training Institute de Pretoria. Posteriormente, xa de moza comezou a xirar cun grupo non profesional ata que se integrou nos Manhattan Brothers nos anos cincuenta. A partir dese momento xa só se dedicou á música, e axiña formou o seu primeiro grupo, The Skylarks (As lavercas), onde cantaba unha mestura de jazz e melodías tradicionais de Suráfrica.

En 1959, actuou no musical King Kong canda Hugh Masekela, con quen logo casaría. Nesa época tamén participa no documental anti-apartheid Come back, Africa, que ela mesma presentará no Festival de Cine de Venecia en 1959. A raíz dos problemas que lle trouxo ese filme e das dificultades económicas, abandona Suráfrica e instálase en Londres, onde coñece a Harry Belafonte, quen a axuda a entrar e instalarse nos Estados Unidos. É neste país onde publica na década dos sesenta as súas cancións máis famosas: Pata Pata, The Click Song (Qongqothwane en xosa), e Malaika. En 1966, Makeba recibe un Grammy na categoría de mellor gravación tradicional ou étnica, canda Belafonte polo disco An Evening With Belafonte/Makeba. O álbum contiña letras e mensaxes reivindicativas da loita contra o apartheid da poboación negra en Suráfrica.

Cando en 1960 quixo enterrar a súa nai en Suráfrica decatouse de que o seu pasaporte fora revogado polas autoridades do apartheid. En 1963 falou contra o apartheid nas Nacións Unidas, e prohibíronlle a entrada en Suráfrica. Ao longo da súa vida recibiu nove pasaportes distintos[2], e foi cidadá de honra de dez países.

En 1968, xa separada do seu primeiro home, casou con Stokely Carmichael, un activista dos Panteras negras nado en Trinidad e Tobago. Este foi o motivo de que se rompesen os contratos de gravación que tiña nos Estados Unidos e de que tivese que cancelar as súas xiras de concertos. Mudáronse os dous a Guinea, que daquela acababa de conseguir a independencia, e integráronse no círculo persoal do presidente Ahmed Sékou Touré. Makeba separouse de Carmichael en 1973 e continuou a actuar sobre todo en África, Suramérica e Europa. Participou como cantante na velada do combate Rumble in the Jungle, que enfrontou os púxiles Muhammad Ali e George Foreman en Zaire en 1974. Tamén foi nesa época representante de Guinea ante as Nacións Unidas.

Ao que lle morre a única filla, en 1985, trasládase a Bruxelas. En 1987 participa na xira do álbum de Paul Simon Graceland. Ese mesmo ano publica o libro da súa autobiografía: Makeba: My Story. En 1990, Nelson Mandela convenceuna de volver a Suráfrica e de vivir no país logo da caída do réxime do apartheid. En 2008, logo de participar nun concerto de apoio ao escritor italiano Roberto Saviano, perseguido pola camorra, cando se estaba despedindo no escenario, faleceu dun ataque cardíaco[3][4].

Participación en filmes e televisión

editar

Discografía

editar

Álbums

editar

Recompilatorios

editar
  • The Queen Of African Music - 17 Great Songs, 1987
  • Africa 1960-65 recordings, 1991
  • Eyes On Tomorrow, 1991
  • The Best Of Miriam Makeba & The Skylarks: 1956 - 1959 recordings, 1998
  • Mama Africa: The Very Best Of Miriam Makeba, 2000
  • The Guinea Years, 2001
  • The Definitive Collection, 2002
  • The Best Of The Early Years, 2003

Premios

editar
  1. "Letters to the Editor Arquivado 09 de novembro de 2008 en Wayback Machine.", Time, 5/10/1983
  2. Nkrumah, Gamal (2001-11-17). "Sing it loud, sing it strong". Al-Ahram Weekly. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2004. Consultado o 2008-09-11. 
  3. "Singer Miriam Makeba dies aged 76". BBC News. 10 de novembro de 2008. Consultado o 2008-11-10. 
  4. Miriam Makeba muere en Caserta tras cantar contra la Camorra, El País, 10/11/08

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar