Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Alborz

(Redirección desde «Montes Elburz»)

Alborz ou Elburz (en persa: البرز) é unha cordilleira que separa o altiplano iraniano da depresión do mar Caspio e, por outra banda, establece unha continuidade entre o Cáucaso e o Hindu Kush (Paropamisadas). A altura media da cordilleira non supera os 3000 metros, sendo o pico máis alto o Damavand, que alcanza os 5654 metros. No norte, hai moitos bosques, pero no sur a vexetación é escasa debido á pouca cantidade de choiva. O primeiro en darlle nome á montaña foi Hamd Allah Mustawfi . Anteriormente, era coñecido como Semiramidis Mons (Σεμειραμίδος ὄρος) e é mencionado por Flavio Arriano e Marciano, que dicían que formaba a parte persa da entrada ao golfo Pérsico na rexión de Carmania.

Modelo:Xeografía físicaAlborz
Imaxe
Tipocordilleira Editar o valor en Wikidata
Parte decinturón alpino Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIrán Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°04′33″N 51°47′46″L / 36.07583, 51.79611
Características
Altitude5.610 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións130 (ancho) × 600 (lonxitude) km
Punto máis altoMonte Damavand Editar o valor en Wikidata  (5.610 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie155.970 km² Editar o valor en Wikidata

Etimoloxía

editar

O nome Alborz derívase de Harā Barazaitī, montaña lendaria do Avesta, texto principal do zoroastrismo. Harā Barazaitī procede dun nome protoiraniano, *Harā Bṛzatī, que significa "Montaña Muralla". *Bṛzatī é o feminino do adxentivo *bṛzant- "alto", antecedente do persa moderno bouland (بلند) e Barz/Berazandeh, relacionado co sánscrito Brihat (बृहत्). Harā pode interpretarse como "vixiar" ou "gardar", a partir dunha raíz indoeuropea *ser- "protexer". No persa medio, Harā Barazaitī converteuse en Harborz, e no moderno persa Alborz, cognado do monte Elbrus, pico máis alto do Cáucaso.[1]

Características

editar

O Alborz esténdese en dirección oeste-leste ao longo dun arco de 600 km, cunha extensión mínima de 60 km e máxima de 130. Está conformada por series sedimentarias datadas dende o alto Devónico ao Oligoceno, predominantemente calcarias xurásicas sobre un núcleo de granito.

Entre os lugares de interese están a fortaleza medieval de Alamut e varias estacións de esquí, algunhas delas consideradas como as mellores do mundo,[2] como a de Dizin.

  1. electricpulp.com. "ALBORZ". 
  2. Joly, Dom. "Iran's biggest secret: the skiing's great". the Guardian. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • North, S.J.R., Guide to Biblical Iran, Roma 1956, p. 50

Ligazóns externas

editar