Montse Pena
Montserrat Pena Presas, nada en Sada o 27 de abril de 1981, é unha crítica literaria galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de abril de 1981 (43 anos) Sada, España |
Formación profesional | Filoloxía galega |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Membro de | |
Xénero artístico | Ensaio, LIX |
Traxectoria
editarEspecialista en literatura infantil e xuvenil, licenciouse en Filoloxía Galega, obtivo o Diploma de Estudos Avanzados en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e doutorouse pola Universidade de Compostela. A súa tese, dirixida por Dolores Vilavedra e Bieito Valdivia, titúlase "Feminismo, xénero e coeducación na literatura infantil e xuvenil: historia crítica e aplicación didáctica" (2016). Ademais, obtivo un máster en Edición pola Universidade de Salamanca. Foi profesora de lingua, literatura e cultura galegas na Bangor University (Gales), e, actualmente, traballa como profesora no Departamento de Didácticas Aplicadas da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo.[1]
No eido da crítica literaria, colabora en diferentes suplementos culturais (Faro da Cultura, ProTexta, Sermos Galiza[2]) e revistas especializadas (Grial, Anuario de Estudos Literarios Galegos, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, entre outras), tendo publicado artigos sobre Carlos Casares, Agustín Fernández Paz ou Xohana Torres.
É coautora de materiais didácticos moi variados, entre eles os libros de Lingua e Literatura Galega para a ESO de Editorial Galaxia.[3] Colaboradora do Diario Cultural da Radio Galega.[4] En 2023 nomeárona membro correspondente da Real Academia Galega.[5]
Obras
editarEdición
editar- Carlos Casares. As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (2017). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
- Epistolario a Fernández del Riego. Ricardo Carballo Calero (2006). Ed. con Dolores Vilavedra. Vigo: Editorial Galaxia.[6]
- Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria. II (2010). Ed. con Pilar Sampedro. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Ensaio
editar- Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño (2013). Vigo: Galaxia. Libro DVD, o texto de Montse Pena e Gonzalo Enríquez Veloso é autor do documental que acompaña o libro.[7] 76 páxs. ISBN 978-84-9865-480-6.[8]
- Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia (2018). Santiago de Compostela: Edicións Laiovento.[9] 172 páxs. ISBN 978-84-8487-404-1.
- A voz insurrecta: María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida (2018). Vigo: Galaxia. 180 páxs. ISBN 978-84-9151-156-4.
- Intempestiva. Biografía (literaria) de Xela Arias (2021). Vigo: Galaxia. 132 páxs. ISBN 978-84-9151-620-0.
- Ax(e)itar a lingua. Orientacións para unha comunicación inclusiva no ensino (2022). Con María Caamaño Rojo. Federación de ensino da CIG en colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).[10]
Didáctica
editar- Unidade didáctica para Bacharelato sobre a obra "Feminismos. A historia cóntana as vencedoras" de Anna Figueirido (2020). Vigo: Galaxia.
- Unidade didáctica para Educación Secundaria Obrigatoria sobre a obra "Feminismos. A historia cóntana as vencedoras" de Anna Figueirido (2020). Vigo: Galaxia.
Tradución
editar- Eric Carle. A eiruguiña comellona (2011). Kókinos.
Notas
editar- ↑ "Monserrat Pena Presas Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2022-03-08.
- ↑ M.P, X. (10 de setembro de 2018). "“O feminismo é o movemento que máis influíu na literatura neste século”". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2018. Consultado o 10 de setembro de 2018.
- ↑ "Montse Pena Presas". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2022. Consultado o 2022-03-08.
- ↑ "Montse Pena Presas". Diario Cultural. Consultado o 2022-03-08.
- ↑ "A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta". Real Academia Galega. 29 de xuño de 2023.
- ↑ Epistolario a Fernández del Riego. Ricardo Carballo Calero en Google Books.
- ↑ "Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño". Editorial Galaxia. 2013-04-19. Consultado o 2022-03-08.
- ↑ "Un chapeu negro e un nariz de pallaso Galaxia LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2022-03-08.
- ↑ "Sen título". Edicións Laiovento. 8 de xuño de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2018.
- ↑ Diario, Nós. "'Ax(e)itar a lingua', o novo manual de linguaxe inclusiva". Nós Diario. Consultado o 2022-03-08.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montse Pena |