Munster
Munster (en irlandés: an Mhumhain ou Cúige Mumhan) é unha provincia de Irlanda, localizada na parte suroeste da illa. A provincia ten unha orixe moi antiga, e continúa a ser unha rexión cultural, que forma parte da identidade local. En canto a xeografía o Munster abrangue unha área total de 24.607 km², sendo a súa cidade máis poboada, con 119.143 habitantes (2006), é Cork.
Cúige Mumhan (ga) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Irlanda | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.246.088 (2011) (50,64 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 24.607,52 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IE-M | ||||
O nome da provincia deriva do deus celta Muma e está composta por seis condados Clare, Cork, Kerry, Limerick, Tipperary e Waterford. Outrora estivo dividido en tres reinos: Ormond ao leste, Desmond ao sur e Thomond ao norte, representando as tres coroas da bandeira aos mesmos. Cómpre sinalar que esta bandeira é bastante semellante á da cidade de Dublín, que consiste en tres castelos situados de xeito semellante sobre un fondo azul.
Historia
editarA provincia estivo dividida en seis rexións: Tuadh Mhuman (Munster Norte), Des Mhuman (Munster Sur), Urh Mumhan (Munster Leste), Iar Mumhan (Munster Oeste), Ernaibh Muman (a parte do Munster da tribo de Ernair) e Deisi Muman (a parte do Munster da tribo de Deisi). Durante a Alta Idade Media a maior parte da zona foi parte do Reino de Munster, gobernado polo Eóganachta, que sucedeu á Dáirine ou Corcu Loígde a partir do século VII. No século IX os galos sumáronse os viquingos nórdicos, fundando cidades como Cork, Limerick e Waterford. En 1118 Munster fracturouse no Reino de Thomond, Reino de Desmond e o breve Reino de Ormond. No século XIV houbo na zona influencia normanda, e os reinos dividíronse en diferentes Condados, pasando a formar parte do Señorío de Irlanda.
Xa no século XIX gran parte da zona foi golpeada fortemente pola "Gran Fame irlandesa", especialmente no oeste. Antes da mesma a provincia tiña arredor de tres millóns de habitantes, diminuíndo en consecuencia radicalmente. Despois de que o reino irlandés se fusionase co Reino Unido, houbo unha guerra no século XX como resultado da secesión do Estado Libre Irlandés, habendo unha breve República do Munster independente durante a guerra civil irlandesa, durando finalmente trinta días.
Cidades
editarCork é a máis grande cidade, cunha poboación de 186,239 habitantes (2002) e 380,000 ó longo da Grande Área de Cork.
Outras cidades importantes son Limerick de 86,998 habitantes (2002) que tamén ten arredor de 100,000 persoas nos seus arredores, e Waterford con 46,736 habitantes (2002).
Vilas máis grandes
editar- Ennis (34,204)
- Tralee (22,190)
- Killarney (16,931)
- Clonmel (16,910)
- Carrigaline (16,664)*
- Cobh (12,887)*
- Mallow (11,195)
- Midleton (10,336)*
- Shannon (9,774)
- Dungarvan (9,254)
- Nenagh (9,219)
- Thurles (8,987)
- Tramore (8,799)
- Youghal (7,195)
- Newcastle do Oeste (5,915)
(* pobos na area Metropolitana de Cork)
Lingua irlandesa
editarO irlandés é falado como primeiro linguaxe nas Gaeltachtaí (areas falantes de irlandés);
- en Kerry do Oeste (Corce Dhuibhne)
- en Kerry do Sur (Uíbh Ráthach)
- en Cork do Oeste (Múscraí)
- ó suroeste de Cork (Oileán Cléire)
- ó suroeste de Waterford (Gaeltacht na Rinne ou Gaeltacht na nDeise)
O irlandés en Munster, como no resto de Irlanda, está tamén a medrar fora das Gaeltachtaí. Ó longo dos derradeiros trinta anos, ten habido un forte aumento nas Gaelscoileanna (escolas irlandesas). Como en Dublín ou en Belfast, hai hoxe unha pequena comunidade gaélicofalante en Cork.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |