Nantan
Nantan (南丹市, なんたんし, Nantan-shi) é un concello xaponés da prefectura de Kyoto. Está situado ao norte da rexión de Kinki e no centro da prefectura, na zona sur da provincia de Tanba, no centro-oeste da illa de Honshu. A súa superficie é de 616,31 km², a poboación é de 35.286 habitantes (2009), cunha densidade de poboación de 57,3 hab./km².
南丹市 (ja) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Xapón | ||||
Prefecturas | Prefectura de Kyoto | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 31.075 (2021) (50,42 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 616,31 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 2006 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | city.nantan.kyoto.jp… | ||||
A cidade Nantan foi fundada pola fusión de tres concellos de vilas do distrito de Funai (Sonobe, Yagi e Hiyoshi) e un concello de vila do distrito de Kitakuwada (Miyama) no ano 2006.
O concello de Nantan limita cos concellos de Kyōtamba, Ayabe, Kyoto, Kameoka (que son da prefectura de Kyoto); Sasayama (da prefectura de Hyōgo); Nose (da prefectura de Osaca); Takashima (da prefectura de Shiga); e Ōi (este último é da prefectura de Fukui).