Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

O termo neodarwinismo foi acuñado por George Romanes a finais do século XIX para referíase á escola panseleccionista de Wallace e Weismann: fronte a Darwin, que admitira unha pluralidade de mecanismos evolutivos, os neodarwinistas defendían a exclusividade da selección natural como mecanismo do cambio orgánico. Enfrontábanse así cos neolamarquistas, que avogaban pola lei lamarquista do uso e o desuso. Na actualidade o termo neodarwinismo asóciase á síntese evolutiva moderna dos anos 1930.

A teoría da evolución de Darwin pode ser vista como un caso especial da teoría da conservación do estable. Esta tautoloxía establece que o que existe (polo menos o tempo suficiente para merecer un nome) tenderá a seguir existindo. Isto non é máis que unha versión das leis de Newton (parafraseando, todo corpo nun estado continuará en dito estado ata que unha forza o faga cambiar de estado).

Características

editar

Porén, pódese considerar que un organismo poderá continuar existindo namentres exista outro organismo que sexa a súa réplica exacta.

Sen mencionar as teorías que existen sobor do paso da materia inanimada á vida orgánica, chega con que se cumpran unha serie de condicións:

  1. abundancia de elementos diferentes (o que se denomina riqueza do caldo de cultivo),
  2. herdanza ou replicación, e
  3. idoneidade diferencial ou número de copias en función da súa interacción co medio,

e xurdirá a evolución. Isto débese a que a herdanza ou replicación depende de tres factores: a lonxevidade, a fidelidade da copia e a fecundidade. En concreto, os erros nas copias iranse acumulando sucesivamente. En termos xerais, os individuos e as especies non pretenden evolucionar: a evolución é o efecto colateral da falla de completa fiabilidade no proceso de copia e a diferente capacidade de adaptación provocada por eses erros de copia.

A teoría canónica do Neodarwinismo establece que as mellores ou peores adaptacións xenéticas dos individuos determinarán o resultado da evolución, non só dos individuos en particular senón das especies en xeral.

Neodarwinismo e síntese evolutiva moderna

editar
Artigo principal: Síntese moderna (século XX).

Despois do desenvolvemento da síntese evolutiva moderna, entre 1936 e 1947, denominada agora xeralmente visión ou teoría sintética da evolución ou síntese moderna, o termo neodarwinismo utilízase a miúdo para referirse á teoría evolutiva contemporánea.[1][2] Porén, algúns consideran ese uso como incorrecto;[3][4][5] e Ernst Mayr escribiu en 1984 que "o termo neodarwinismo para a teoría sintética é incorrecto, porque o termo neodarwinismo foi acuñado por Romanes en 1895 para designar á teoría de Weismann."[6]

Con todo, malia todas estas obxeccións, o termo aparece en publicacións prestixiosas, como a Encyclopædia Britannica, usado para referirse á teoría evolutiva actual.[7] Richard Dawkins e Stephen Jay Gould usan o termo nos seus escritos e conferencias.[8][9]

  1. Moran, Laurance (January 22, 1993). "The Modern Synthesis of Genetics and Evolution". TalkOrigins Archive. Houston, TX: The TalkOrigins Foundation, Inc. Consultado o 2007-09-19. 
  2. Bock, Walter J. (July 1981). "Reviewed Work: "The Evolutionary Synthesis. Perspectives on the Unification of Biology"". The Auk (McLean, VA: American Ornithologists' Union) 98 (3): 644–646. ISSN 0004-8038. JSTOR 4086148. 
  3. Kutschera, Ulrich; Niklas, Karl J. (June 2004). "The modern theory of biological evolution: an expanded synthesis". Naturwissenschaften (Heidelberg: Springer-Verlag Heidelberg) 91 (6): 255–276. Bibcode:2004NW.....91..255K. ISSN 1432-1904. PMID 15241603. doi:10.1007/s00114-004-0515-y. 
  4. Reif, Wolf-Ernst; Junker, Thomas; Hoßfeld, Uwe (March 2000). "The synthetic theory of evolution: general problems and the German contribution to the synthesis". Theory in Biosciences (Jena; Berlin & Heidelberg: Urban & Fischer; Springer-Verlag) 119 (1): 41–91. ISSN 1431-7613. doi:10.1007/s12064-000-0004-6. 
  5. Pigliucci, Massimo (December 2007). "Do We Need An Extended Evolutionary Synthesis?" (PDF). Evolution (Hoboken, NJ: John Wiley & Sons for the Society for the Study of Evolution) 61 (12): 2743–2749. PMID 17924956. doi:10.1111/j.1558-5646.2007.00246.x. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de abril de 2015. Consultado o 07 de xuño de 2016. 
  6. Mayr, Ernst (1984). "What is Darwinism Today?". PSA: Proceedings of the Biennial Meeting of the Philosophy of Science Association (Chicago, IL: University of Chicago Press on behalf of the Philosophy of Science Association) 2: 145–156. ISSN 0270-8647. JSTOR 192502.  Volume Two: Symposia and Invited Papers (1984).
  7. "neo-Darwinism". Encyclopædia Britannica. Chicago, IL: Encyclopædia Britannica, Inc. 2015. Consultado o 2015-11-19. 
  8. Gould 2011, pp. 53–73