Nonio
O nonio é un dispositivo de medición inventado polo matemático portugués Pedro Nunes.[1] A través do nonio era posíbel efectuar medicións con rigor dalgúns minutos de grao, permitindo planear a navegación cunha marxe de erro da orde da decena de quilómetros.
Funcionamento
editarO nonio pode ser descrito como un sistema de medición angular, que se instala por exemplo nun astrolabio náutico ou nun cuadrante graduado de 0 a 90 graos; adicionalmente constrúense internamente 44 arcos de circunferencia concéntricos e graduados, de forma que cada un deses arcos estea sucesivamente dividido en só 89, 88, 87, até se chegar a 46 partes.[2]
Ao medirse así un determinado ángulo intermedio onde sexa necesario medir non só os graos, senón tamén os minutos, é moito máis probable coincidir co valor medido exactamente, nunha división dos referidos arcos internos.
Exemplares
editarA pesar de non chegaren aos nosos días exemplares orixinais de astrolabios ou cuadrantes dotados co nonio, pois era un traballo arduo que esixía artífices de gran pericia que na época, non existían en Portugal; é moi probable que varios exemplares fosen fabricados noutras cidades europeas durante a segunda metade do século XVI, como Augsburgo, Nürnberg ou Anveres. O nonio foi posteriormente usado para medicións astronómicas polo astrónomo danés Tycho Brahe.[3]
Notas
editar- ↑ Infopédia, ed. (2003). "Pedro Nunes". Consultado o 17 de xaneiro de 2015.
- ↑ António Estácio dos Reis. Agência Nacional para a Cultura Científica e Tecnológica, ed. "O conceito de nónio". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2015. Consultado o 17 de xaneiro de 2015.
- ↑ António Estácio dos Reis. Agência Nacional para a Cultura Científica e Tecnológica, ed. "Tycho Brahe recorre ao nónio de Pedro Nunes". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2015. Consultado o 17 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- O Nónio de Pedro Nunes Arquivado 30 de novembro de 2021 en Wayback Machine.. Artigo de António Estácio dos Reis (Academia de Marinha) orixinalmente publicado na Revista Oceanos nº 38 (Abril/Junho 1999) co título "Navios e navegações - Portugal e o Mar". Consultado o 17 de xaneiro de 2015.
- Nônio virtual – simulador de vernier em milímetro decimal. Consultado o 17 de xaneiro de 2015.
- Nônio virtual – simulador de vernier em polegada fracionária – 1/128″. Consultado o 17 de xaneiro de 2015.