Norisring
Norisring | |
---|---|
Plano do circuíto | |
Datos | |
Carreiras | |
Localización | Núremberg, Bavaria, Alemaña |
Lonxitude | 2´380 km. |
Curvas | 8 |
Norisring é un circuíto de carreiras urbano localizado nas rúas de Núremberg, en Bavaria, Alemaña. Como a cidade na que está se chama Núremberg o nome do crcuíto ía ser Nürnbergring, pero este nome orixinaba unha confusión co famoso circuíto Nürburgring e por iso se decidiu que o circuíto se chamara Norisring, facendo referencia ao antigo nome da cidade, Noris. O trazado do circuíto conta cunha lonxitude duns 2.300 metros. Todos os anos a mediados do mes de xuño, aquí dispútase o DTM acompañado polo Campionato Europeo de Fórmula 3.