Era común
Os nomes era común (e. c.) e antes da era común (a. e. c.) son designacións alternativas ao emprego das expresións «despois de Cristo» (d. C.) e «antes de Cristo» (a. C.), respectivamente. Nalgunhas ocasións, en lugar de e. c. pódese atopar a abreviación e. v. (en latín, era vulgaris: ‘era común’).[1] Existen moitos documentos en case todas as linguas onde non se utiliza a abreviatura d. C. nin e. c. (quizais considerada superflua), directamente inscríbese o número da data da era actual, aínda que se usa a. C. ou ben a. e. c. se o suceso ocorreu denantes do ano 1.
Usos
editarEntre os maiores museos do mundo (como a Smithsonian Institution)[2] tamén se popularizou a utilización de «era común». Moitas guías de referencia de centros educativos e medios de comunicación social prescriben o uso de EC.[3] Mesmo guías de igrexas cristiás regulan devandito uso, como a Igrexa Episcopal nos Estados Unidos de América na diocese de Maryland.[4]
As designacións era común e antes da era común son usadas por científicos e académicos laicos (agnósticos ou ateos), ou seguidores dalgunha confesión, debido á súa neutralidade, posto que os termos «a. C.» e «d. C.» posúen un matiz relixioso.[5] Intelectuais que non subliñan o aspecto relixioso das datas en áreas de historia, arqueoloxía, socioloxía e antropoloxía, utilizaron en recentes décadas EC e AEC. Moitos escritores xudeus, musulmáns e outros prefiren a anotación como termo neutral, mentres algúns cristiáns interpretan erroneamente a abreviatura e. c. (‘era común’) como ‘era cristiá’.
Nas súas publicacións, as Testemuñas de Xehová usan exclusivamente "E. C." e "A. E. C.", e explican xeralmente nos pés de páxina que o mesmo se refire a ‘era común’ e ‘antes da era común’.[6] Isto en consideración da ampla difusión das súas publicacións incluíndo países non cristiáns, como tamén por motivos de interpretación relixiosa.[7]
En arqueoloxía adoita utilizarse a denominación «antes do presente» (AP) que por convención refírese ao presente do ano 1950. Un datado radiocarbónico cunha antigüidade de 4000 anos AP equivale aproximadamente á expresión 2000 AEC (2000 Antes da Era Común, que equivale a dicir ‘2000 antes de Cristo’).
Nosa era
editarA denominación «nosa era» ―do mesmo xeito que «era común»― desígnase a través dela o mesmo período que computa os anos para partir do ano 1 (convencionalmente o ano do nacemento de Xesucristo) mais cunha visión universal que exclúe a parcialidade relixiosa.
Como alternativa á abreviatura «a. C.» (‘antes de Cristo’) proponse o uso do acrónimo ANE ou a abreviatura a. n. e. (‘antes da nosa era’). Por exemplo, segundo a súa lenda fundacional, Roma fundouse no 753 a. n. e.
Como alternativa á abreviatura d. C. (‘despois de Cristo’) proponse o uso do acrónimo NE ou a abreviatura n. e. (‘nosa era’). De acordo coas regras de escritura do idioma galego, as abreviaturas deben levar un espazo após cada punto.
Notas
editar- ↑ TheLema101. com Arquivado 09 de setembro de 2017 en Wayback Machine. (calendario telémico, en inglés). Consultado o 11 de abril de 2021.
- ↑ «World history standards» Arquivado 24 de abril de 2021 en Wayback Machine. (‘estándares na historia mundial’), artigo (en inglés) do 9 de setembro de 2006 no sitio web do Smithsonian Institute.
- ↑ «Ostracon guidelines» (regras de presentación de traballos para The Ostracon), Egyptian Study Society (Sociedade de Estudos Exipcios). Ligazón inaccesíbel por requirir inicio de sesión;
Chass.ColoState-Pueblo.edu, 9 de setembro de 2006;
Press.jhu.edu Arquivado 10 de febreiro de 2016 en Wayback Machine. (Regras de presentación de manuscritos);
SagePub.com (American Journal of Philology [‘Revista estadounidense de filoloxía’], Journal for the Study of the Pseudepigrapha (‘Revista para o estudo dos pseudoepígrafos’). YorkU.ca (Canadian Journal of Cultural Studies Style Guide: guía de estilo da Revista Canadense de Estudos Culturais]. - ↑ ANG-MD.org Arquivado 29 de agosto de 2012 en Wayback Machine. (Maryland Church News Submission Guide & Style Manual, Maryland Church News, 2005-04-01).
- ↑ Fuentes Rodríguez, César: «Mundo gótico», páx. 11.
- ↑ Por exemplo: «Nesta publicación, no canto das abreviaturas tradicionais “d. de J. C.” e “a. de J. C.”, ou “d. C.” e “a. C.”, úsanse as abreviaturas máis exactas “E. C.” (era común) e “a. E. C.” (antes da era común)». «A Biblia... a Palabra de Deus, ou palabra do home?».
- ↑ "Dos nosos lectores (Como se datan os manuscritos antigos?) — BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower". wol.jw.org. Consultado o 11 de abril de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Australia eliminará el «antes de Cristo» (AC) y «después de Cristo» (DC) de los textos escolares.
- Bartleby.com (The Columbia Guide to Standard American English (1993): A.D., B.C. (A.)C.E., B.C.E.)
- «The use of CE and BCE to identify dates» Arquivado 11 de outubro de 2011 en Wayback Machine. (‘o uso de EC e AEC para identificar as datas’), artigo en inglés publicado no sitio web Religious Tolerance.
- «Victor Mair: The need for a new era» (‘a necesidade dunha nova era’), no sitio Sino-Platonic.
- Convencións para datar os anos, no sitio SunEarth da NASA.
- «Whatever happened to B.C. and A.D., and why?» (‘¿Qué lles pasou a a. C. e a A. D., e por qué?’), artigo no sitio web UCC.org (United Church of Christ: Igrexa Unida de Cristo).
- «P. C. scholars take Christ out of BC», artigo da axencia Associated Press no xornal Washington Times do 25 de abril de 2005.