Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Odoacro, nado preto do ano 433 e finado en 493, tamén coñecido como Odovacar, posiblemente derivado do xermánico Audawakrs ('que busca a riqueza'). Foi o xefe da tribo xermana dos hérulos, de orixe huna e escira. Na historia salienta por ser quen destituíu ó derradeiro emperador romano de Occidente, Rómulo Augústulo, en 476, quen foi deportado ó Castellum Lucullanum na baía de Nápoles.

Modelo:BiografíaOdoacro

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Odoacer Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 433 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Panônia Prima (Imperio Romano de Occidente) Editar o valor en Wikidata
Morte15 de marzo de 493 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Rávena (Reino de Italia) Editar o valor en Wikidata
Rei de Italia
4 de setembro de 476 – 15 de marzo de 493
← sen valor – Teodorico o Grande → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónArianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlíder militar Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigüidade tardía Editar o valor en Wikidata
Participou en
476deposición de Rómulo Augústulo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSunigilda Editar o valor en Wikidata
Fillosfrankish princess, Ocla Editar o valor en Wikidata
PaiEdeco Editar o valor en Wikidata
IrmánsOnoulfo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
New Encyclopedic Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sólido bizantino de Odoacro en nome do lexítimo emperador Zenón. Esta moeda documenta a submisión formal de Odoacro a Zenón.

Traxectoria

editar

Despois de derrocar a Rómulo Augústulo, a Odoacro presentóuselle a oportunidade de nomear a un novo emperador titular e gobernar a través del, ou gobernar como axente do emperador romano de Oriente. A diferenza de moitos dos seus predecesores, como Ricimer, optou pola segunda opción, devolvéndolle as insignias imperiais de Occidente ó emperador Zenón en Constantinopla, xunto cunha carta na que pedía ser confirmado dux de Italia. Zenón accedeu a esta petición e concedeulle o rango de patricio.

Até a súa morte en 480, o emperador lexítimo de Occidente Xulio Nepote seguiu sendo teoricamente o superior de Odoacro, mentres que este chegou mesmo a emitir moeda no seu nome. Malia iso, Odoacro tamén se chamou a si mesmo rex Italiae (Rei de Italia) e como tal foi recoñecido durante o resto da súa vida.

Con todo, as relacións entre Odoacro e a Roma oriental empeoraron máis adiante, e en 489, co apoio do emperador Zenón, os ostrogodos baixo Teodorico o Grande invadiron o reino de Odoacro, destruíron o seu exército de bárbaros foederati (e as poucas tropas romanas que aínda existían), forzando a que se rendese en 493. Teodorico convidou a Odoacro a un banquete en Rávena, e crese que alí o asasinou coa súa propia espada, facéndose con todo o seu reino.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Thompson, E. A. Romans and Barbarians: The Decline of the Western Empire. Madison: University of Wisconsin Press, 1982. ISBN 0 299 08700.

Ligazóns externas

editar