Oenothera rosea
Oenothera rosea | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Foto en Tama, Xapón. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Oenothera rosea L'Hér. ex Aiton, 1789 |
Oenothera rosea é unha especie de planta herbácea bienal, pertencente á familia Onagraceae. Distribúese en Estados Unidos, España,México, Costa Rica, Guatemala, Bolivia, Ecuador, Perú, Arxentina e Uruguai.
En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.[1]
Descrición
editarÉ unha herba que mide entre 15 e 45 cm de altura. Ten as follas en forma de lanza coa parte media ancha, de bordo enteiro ou pouco ondulado e con nervadura moi marcada. As súas flores son solitarias e de pétalos anchos que as fan verse case cadradas, de cor rosa ou violeta.
Distribución e hábitat
editarÉ orixinaria de México a Colombia e está presente en climas cálidos, semicálidos, semisecos e tépedos, entre os 200 e os 1100 m s. n. m. e os 1865 e até os 3900 m s. n. m. Crece a beira de camiños, en ocasións cultivada en hortos familiares, establécese en bosques tropicais caducifolios, subcaducifolios e perennifolios, matogueira xerófila, espiñenta e con maior frecuencia en bosque mesófilo de montaña, bosques de carballos, de piñeiros, mixto de carballos-piñeiros e de xenebreiros.
Taxonomía
editarOenothera rosea foi descrita por Charles Louis L'Héritier de Brutelle ex Aiton e publicada en Hortus Kewensis; or, a catalogue . . . 2: 3. 1789.[2]
Notas
editar- ↑ Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras
- ↑ "Oenothera rosea". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 4 de novembro de 2012.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?25536 Copia arquivada en Wayback Machine . (10 dic 2007)