Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Outes

concello da comarca de Noia, na provincia da Coruña

Outes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o IGE en 2021 tiña 6.150 habitantes (7.425 no 2009, 7.751 no 2006, 7.889 no 2005, 8.050 no 2004, 8.243 en 2003). O xentilicio é «outés» ou «outense».[1]

Modelo:Xeografía políticaOutes
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°51′04″N 8°55′35″O / 42.851111111111, -8.9263888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalA Serra de Outes Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación6.082 (2023) Editar o valor en Wikidata (61 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie99,7 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataManuel González López (2019–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Outes Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15230 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15062 Editar o valor en Wikidata

Páxina weboutes.gal Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Outes ten unha superficie de 99,74 km², e abrangue 11 parroquias. Limita ao norte con Mazaricos e Negreira, ao sur co río Tambre (e a súa desembocadura na ría de Muros e Noia), ao leste con Noia e ao oeste con Muros. A capital municipal está na Serra de Outes.

Ten unha elevada altitude media, con cinco cumios que roldan os 500 metros de altitude, sendo o monte Tremuzo o punto máis alto.

Outes conta cun clima oceánico húmido debido á proximidade do océano Atlántico. As precipitacións son maiores durante os meses de novembro a marzo, pero no verán soben as temperaturas e as choivas son escasas debido á presenza case constante do anticiclón dos Azores.

Historia

editar

O territorio de Outes foi habitado desde tempos remotos, como testemuñan os restos de megálitos, petróglifos e poboados castrexos. Trala romanización de Galicia e a chegada dos suevos, na Idade Media a zona sufriu ataques de viquingos e piratas musulmáns. O arcebispo Diego Xelmírez equipou unha frota para combatelos.[2]

Economía

editar

Na economía de Outes destaca o sector primario (pesca, marisqueo, gandería e agricultura), pois dende séculos atrás as actividades agropecuarias veñen ocupando a maior parte da poboación activa. Respecto á gandería, actualmente hai varias explotacións de coellos e ovellas, sendo máis importantes as explotacións de gando vacún, dedicadas á produción de leite e carne. O sector pesqueiro concéntrase en boa medida nos peiraos de Freixo e San Cosme.

O sector secundario tamén ten certo peso, destacando catro sectores na produción industrial: serradoiros, estaleiros, formigón e construción.

Demografía

editar

A cifra máis alta de poboación acadouse a mediados do século XX, en 1950, con 11.303 habitantes. Posteriormente foi descendendo a un ritmo do 7 % cada década, debido primeiro ao aumento da emigración cara a outros países de Europa, e despois aos EUA e as illas Canarias, tendo 9.968 habitantes en 1970. Na actualidade a cifra de habitantes segue a descender cada ano.

Censo total 2014 6.804 habitantes
Menores de 15 anos 578 (8.49 %)
Entre 15 e 64 anos 3.974 (58.41 %)
Maiores de 65 anos 2.256 (33.16 %)
Evolución da poboación de Outes   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
9.160 10.025 11.303 10.128 8.050 7425 7243 7.192 7.010 6804 6691 6606 6514 6412 6282 6155 6150
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Cultura

editar

O poeta Francisco Añón, un dos precursores do Rexurdimento galego, era da aldea de Boel.[3] Entre outras actividades, o concello organiza anualmente o Certame de poesía Francisco Añón.[4] A súa irmá foi Nicolasa Añón, e hai uns anos[cando?] atopáronse uns manuscritos con poemas da súa obra e a Asociación Cultural Terra de Outes publicou un libro profundizando na súa historia.[5]

No 1905 nace Arximiro Suárez, un destacado mestre e pintor da comarca.

O sombreiro de labranza sancosmeiro, orixinario da parroquia de Santo Ourente de Entíns, é un símbolo de identidade do municipio.[6] Durante moitos anos o maior galardón entregado polo concello era o Sancosmeiro de Ouro, un certame anual que escollía o premiado no pleno municipal.[7]

Festas grandes das parroquias
editar
Parroquia Onomástica Data
Tarás San Xián 9 de xaneiro
Cando San Tirso 28 de xaneiro
Roo San Xoán 24 de xuño
Outes San Pedro 29 de xuño
Matasueiro San Lourenzo 10 de agosto
Entíns Santa María 15 de agosto
Santo Ourente de Entíns Santo Ourente 26 de agosto
San Cosme de Outeiro San Cosme 27 de setembro
Valadares San Miguel 29 de setembro
Freixo de Sabardés San Xoán Evanxelista 27 de decembro
Festas do concello
editar
Nome da festa Tipo Data Descipción
Santiaguiño Festa grande do concello 25 de xullo (Adoita comezar antes)
San Cristovo Festa municipal Domingo mais próximo ao día do Apóstolo. Festa con gran valor tradicional no concello. Desfile de vehículos engalanados e sardiñada popular.
San Campio Romaría 29 de setembro Unha das romarías mais famosas da zona. A tradición conta que o santo axuda ás persoas con enfermidades nerviosas ou mentais (mal cativo) ou o demo metido no corpo.
Pampallín Festa tradicional/Verbena 30 de abril Unha das festas que quizais sexan mais ancestrais aínda que ultimamente non se conserve debidamente a tradición. Unha festa de fertilidade para a colleita e que xira arredor do poder do lume.
Festa da vitalla Irmandamento con Boticas Primeira quincena de setembro Cociñeiros do pobo irmandado veñen á horta do muíño a preparar carne de becerro asado.
Amencer Musical de Broña Festival musical Primeiro sabado de agosto

[8]

Galería de imaxes

editar
Artigo principal: Galería de imaxes de Outes.

Parroquias

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Outes

Cando (San Tirso) | Entíns (Santa María) | O Freixo de Sabardes (San Xoán) | Matasueiro (San Lourenzo) | Outes (San Pedro) | Roo (San Xoán) | San Cosme de Outeiro (San Cosme) | Santo Ourente de Entíns (Santo Ourente) | Tarás (San Xián) | Valadares (San Miguel)

Lugares de Outes

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Outes vexa: Lugares de Outes.

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 56. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. Illa da Creba na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  3. "Turismo de Outes". www.outesturismo.gal. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-09. 
  4. "Certame de Poesía Francisco Añón | ::Axenda cultural AELG::". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 2018-10-10. 
  5. Vicente Abelleira Cambeiro (2014-06-12). "Terra de Outes-Presentación do libro de poesías de Nicolasa Añón". Consultado o 2018-10-10. 
  6. "Turismo de Outes". www.outesturismo.gal. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-10. 
  7. "Las asociaciones parroquiales de Outes recibirán el San Cosmeiro de Ouro". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-06-30. Consultado o 2018-10-10. 
  8. "Turismo de Outes". www.outesturismo.gal. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-09. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar