Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

A illa de Palawan é a illa máis grande da provincia de Palawan, Filipinas e a quinta illa máis grande do país. A costa noroeste da illa está ao longo do Mar da China meridional, mentres que a costa do sueste forma parte do límite norte do Mar de Sulu.[1] Gran parte da illa segue sendo tradicional e é considerada por algúns como subdesenvolvida. Mantense pouco desenvolvida e silvestre, con abundante vida salvaxe, xunglas e montañas. As costas son de area branca, o que as converte en grandes atraccións turísticas, así como as compañías internacionais que buscan oportunidades de desenvolvemento.[2]

Modelo:Xeografía políticaPalawan
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 9°30′N 118°30′L / 9.5, 118.5
EstadoFilipinas
RexiónMimaropa (pt) Traducir
ProvinciaPalauã (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación886.308 (2015) Editar o valor en Wikidata (72,71 hab./km²)
Xeografía
Superficie12.189 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar de Sulu e Mar da China Meridional Editar o valor en Wikidata
Altitude2.085 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Mantalingahan (pt) Traducir (2.085 m) Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Toda a lonxitude da illa forma unha cordillera, cunha altitude máxima de 2085 m en Monte Mantalingajan. Outros picos significativos son o Monte Gantung en Batazara e o Pico Vitoria 1726 m. en Narra.

A capital da provincia chámase Porto Princesa. Como atraccións turísticas a destacar, atópase o río subterráneo duns 8 quilómetros que se pode visitar e percorrer en barca, a zona do norte chamada o Niño, con variadas paraxes e zonas de mergullo e unha frondosa xungla, espazo declarado de interese mundial pola UNESCO.

 
Entrada dun río subterraneo en Palawan.

Historia

editar

A illa foi o escenario da batalla de Palawan en 1945. Unha ducia de navíos xaponeses atópanse afundidos entre 10 e 43 metros de profundidade preto das súas costas e das illas próximas, como Busuanga e Coron[3]..

  1. C.Michael Hogan. 2011. Sulu Sea
  2. Keenan, Jillian. "The Grim Reality Behind the Philippines' Economic Growth". The Atlantic (en inglés). Consultado o 2017-02-27. 
  3. http://www.coronwrecks.com/sites.htm#fishing_boat

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar