Partido Popular
O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no espectro da dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu a de Alianza Popular (AP), partido fundado en 1976 por Manuel Fraga.
Partido Popular (PP) | |
---|---|
Partido político de España | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Alberto Núñez Feijóo (presidente) Cuca Gamarra (secretaria xeral) |
Mocidades | Novas Xeracións do Partido Popular |
Filiación internacional | Unión Internacional Demócrata Internacional Demócrata Cristiá Partido Popular Europeo |
Historia | |
Fundación | 20 de xaneiro de 1989 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Conservadorismo Democracia cristiá Liberalismo Constitucionalismo |
Representación | |
Congreso dos Deputados | 137 / 350 |
Senado | 130 / 266 |
Parlamentos autonómicos | 338 / 1.268 |
Concelleiros | 22.750 / 67.611 |
Parlamento Europeo | 16 / 54 |
Outros datos | |
Sede | Génova, 13. 28004, Madrid |
Na rede | |
www.pp.es | |
É un dos partidos maioritarios de España. Desde 2019, o PP é o segundo grupo máis numeroso en ambas as cámaras das Cortes Xerais e goberna en cinco comunidades autónomas e en Ceuta. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.
Historia
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O Partido Popular ten a súa orixe en Alianza Popular (AP), un partido político fundado en 1976 como federación de pequenos partidos conservadores, liderados por antigos dirixentes do franquismo[1]. Nas eleccións xerais de 1977, as primeiras trala ditadura, obtivo 16 escanos. Nas eleccións xerais de 1979 Alianza Popular participou dentro da Coalición Democrática, co seu presidente Manuel Fraga como cabeza de lista da coalición, e obtivo uns resultados máis modestos (10 escanos).
Trala desfeita da Unión de Centro Democrático (UCD) en 1981, que daquela ocupaba o goberno, Alianza Popular fusionouse con algúns partidos da UCD (Partido Liberal, Partido Demócrata Popular; liberais e democristiáns respectivamente) e mais partidos rexionalistas de dereitas (Unió Valenciana, Unión del Pueblo Navarro e Partido Aragonés) para presentarse ás eleccións xerais de 1982 como AP-PDP. Ese ano pasa a ser o principal partido da oposición con 107 escanos. Esa mesma coalición, desta volta con Centristas de Galicia e sen o PAR, preséntase co nome de Coalición Popular ás eleccións de 1986, nas que obtén 105 deputados. En decembro dese mesmo ano Manuel Fraga dimite como líder do partido e é substituído por Antonio Hernández Mancha.
En 1989 convócase un novo congreso no cal se perfila o partido dun xeito máis liberal ca conservador. Francisco Álvarez Cascos é nomeado secretario xeral do partido e José María Aznar (xacando presidente de Castela e León) é proposto por Fraga como candidato nas eleccións xerais. O partido pásase a chamar Partido Popular.
En 1996 o Partido Popular gaña por primeira vez as eleccións xerais. Javier Arenas substitúe a Álvarez Cascos na dirección do partido. O partido abandona a Internacional conservadora e adscríbese á Internacional demócrata cristiá. No 2000 o Partido Popular obtén a maioría absoluta. No 2003 Mariano Rajoy é elixido por Aznar como sucesor, e en 2004 o PP perde o goberno fronte ao PSOE. Ángel Acebes pasa a ser secretario xeral do partido, que mantén a maioría no Senado. Logo das eleccións xerais de 2008 o PP declarou o seu carácter de partido centrista e reformista, abríndose un forte debate interno sobre o exercicio de oposición e sobre as relacións con outras forzas políticas, especialmente as nacionalistas. O Congreso Nacional do PP apoia as teses de Mariano Rajoy, que é reelixido presidente, con María Dolores de Cospedal como secretaria xeral.
En 2011 o PP gaña as eleccións con maioría absoluta e pasa a ocupar o goberno ata 2018, cando Rajoy perde unha moción de censura impulsada polo PSOE. Desde entón, con Pablo Casado como novo presidente, o PP perde contra o PSOE as dúas eleccións xerais celebradas en 2019, nas que ve ocupada a parte máis dereitista do seu espazo electoral polo partido emerxente Vox, de extrema dereita.
Comité Executivo Nacional
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Esta é a composición do comité executivo nacional do PP logo do XIX congreso do partido e actualizada a setembro de 2020:
- Presidente fundador: Manuel Fraga Iribarne
- Presidente nacional: Pablo Casado Blanco
- Secretario xeral: Teodoro García Egea
- Voceiro: José Luis Martínez-Almeida Navasqüés
- Vicesecretarios xerais:
- Vicesecretaria de Organización: Ana Beltrán Villalba
- Vicesecretario de Territorial: Antonio Pablo González Terol
- Vicesecretaria de Sectorial: María Elvira Rodríguez Herrer
- Vicesecretaria de Política Social: Ana Pastor Julián
- Vicesecretario de Comunicación: Pablo Montesinos Aguayo
- Vicesecretario de Participación: Jaime de Olano Vela
- Voceiros nas institucións:
- Voceira no Congreso dos Deputados: Concepción Gamarra Ruiz-Clavijo
- Voceiro no Senado: Javier Maroto Aranzábal
- Voceira no Parlamento Europeo: Dolors Montserrat Montserrat
Presidentes rexionais
editarO Partido Popular ten presenza en todas as comunidades e cidades autónomas de España. A setembro de 2020, o PP goberna en cinco das 17 autonomías e en Ceuta.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Líderes
editarPresidentes
editarNome (Nacemento-morte) |
Imaxe | Congreso | Período no cargo | ||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | Final | ||||
Manuel Fraga (1922-2012) |
IX Congreso (AP) | 20 de xaneiro de 1989 | 1 de abril de 1990 | ||
José María Aznar (1953-) |
X Congreso | 1 de abril de 1990 | 6 de febreiro de 1993 | ||
XI Congreso | 6 de febreiro de 1993 | 20 de xaneiro de 1996 | |||
XII Congreso | 20 de xaneiro de 1996 | 30 de xaneiro de 1999 | |||
XIII Congreso | 30 de xaneiro de 1999 | 26 de xaneiro de 2002 | |||
XIV Congreso | 26 de xaneiro de 2002 | 2 de outubro de 2004 | |||
Mariano Rajoy (1955-) |
XV Congreso | 2 de outubro de 2004 | 21 de xuño de 2008 | ||
XVI Congreso | 21 de xuño de 2008 | 18 de febreiro de 2012 | |||
XVII Congreso | 18 de febreiro de 2012 | 12 de febreiro de 2017 | |||
XVIII Congreso | 12 de febreiro de 2017 | 21 de xullo de 2018 | |||
Pablo Casado (1981-) |
XIX Congreso | 21 de xullo de 2018 | 2 de abril de 2022 | ||
Alberto Núñez Feijóo (1961-) |
XX Congreso | 2 de abril de 2022 | No cargo |
Secretario xeral
editarNome (Nacemento-morte) |
Imaxe | Congreso | Período no cargo | ||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | Final | ||||
Francisco Álvarez-Cascos (1947-) |
IX Congreso (AP) | 20 de xaneiro de 1989 | 1 de abril de 1990 | ||
X Congreso | 1 de abril de 1990 | 6 de febreiro de 1993 | |||
XI Congreso | 6 de febreiro de 1993 | 20 de xaneiro de 1996 | |||
XII Congreso | 20 de xaneiro de 1996 | 30 de xaneiro de 1999 | |||
Javier Arenas (1957-) |
XIII Congreso | 30 de xaneiro de 1999 | 26 de xaneiro de 2002 | ||
XIV Congreso | 26 de xaneiro de 2002 | 4 de setembro de 2003 | |||
Mariano Rajoy (1955-) |
— | 4 de setembro de 2003 | 2 de outubro de 2004 | ||
Ángel Acebes (1958-) |
XV Congreso | 2 de outubro de 2004 | 21 de xuño de 2008 | ||
María Dolores de Cospedal (1965-) |
XVI Congreso | 21 de xuño de 2008 | 18 de febreiro de 2012 | ||
XVII Congreso | 18 de febreiro de 2012 | 12 de febreiro de 2017 | |||
XVIII Congreso | 12 de febreiro de 2017 | 21 de xullo de 2018 | |||
Teodoro García Egea (1985-) |
XIX Congreso | 26 de xullo de 2018 | 22 de febreiro de 2022 | ||
Cuca Gamarra (1985-) |
XX Congreso | 2 de abril de 2022 | No cargo |
Resultados electorais
editarEleccións xerais
editar← Eleccións xerais españolas | ||||||
Eleccións | Candidato | Votos | % | Deputados | Senadores | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|
1989 | José María Aznar | 5.285.972 | 25,79% | 107 / 350 |
77 / 208 |
En coalición con UPN e CdG.[2] |
1993 | José María Aznar | 8.201.463 | 34,76% | 141 / 350 |
93 / 208 |
En coalición con UPN.[3] |
1996 | José María Aznar | 9.716.006 | 38,79% | 156 / 350 |
112 / 208 |
En coalición con UPN e PAR.[4] |
2000 | José María Aznar | 10.321.178 | 44,52% | 183 / 350 |
127 / 208 |
En coalición con UPN, UPM e PAR.[5] |
2004 | Mariano Rajoy | 9.763.144 | 37,71% | 148 / 350 |
102 / 208 |
En coalición con UPN, UPM, UV e IdF.[6] |
2008 | Mariano Rajoy | 10.278.010 | 39,44% | 154 / 350 |
101 / 208 |
En coalición con UPN.[7] |
2011 | Mariano Rajoy | 10.866.566 | 44,63% | 186 / 350 |
136 / 208 |
En coalición con UPN, PAR, EU, CCN e AMF.[8] |
2015 | Mariano Rajoy | 7.215.530 | 28,72% | 123 / 350 |
124 / 208 |
En coalición con UPN, PAR, FAC e AMF. |
2016 | Mariano Rajoy | 7.906.185 | 33,03% | 137 / 350 |
130 / 208 |
En coalición con UPN, PAR, FAC e AMF. |
2019 (abril) | Pablo Casado | 4.373.653 | 16,69% | 66 / 350 |
54 / 208 |
|
2019 (novembro) | Pablo Casado | 5.047.040 | 20,81% | 89 / 350 |
83 / 208 |
Eleccións municipais
editarComicios | Líder | # de votos | % | Concelleiros | Notas |
---|---|---|---|---|---|
1991 | José María Aznar | 4.775.051 | 25,3% | 19.298 / 66.308 |
|
1995 | José María Aznar | 7.334.135 | 34,4% | 24.772 / 65.869 |
|
1999 | José María Aznar | 7.334.135 | 34,4% | 24.623 / 65.201 |
|
2003 | José María Aznar | 7.875.762 | 34,3% | 23.615 / 65.510 |
|
2007 | Mariano Rajoy | 7.916.075 | 35,6% | 23.348 / 66.131 |
|
2011 | Mariano Rajoy | 8.476.138 | 37,5% | 26.507 / 68.230 |
|
2015 | Mariano Rajoy | 6.057.767 | 27,1% | 22.750 / 67.611 |
|
2019 | Pablo Casado | 5.154.728 | 22,62% | 20.364 / 66.982 |
Eleccións ao Parlamento Europeo
editarComicios | Cabeza de lista | # de votos | % | Escanos | Notas |
---|---|---|---|---|---|
1989 | Marcelino Oreja | 3.395.015 | 21,41% | 15 / 60 |
En coalición con UPN e CdG. |
1994 | Abel Matutes | 7.453.900 | 40,12% | 28 / 64 |
En coalición con UPN. |
1999 | Loyola de Palacio | 8.410.993 | 39,74% | 27 / 64 |
En coalición con UPN. |
2004 | Jaime Mayor Oreja | 6.393.192 | 41,21% | 24 / 54 |
En coalición con UPN. |
2009 | Jaime Mayor Oreja | 6.670.23 | 42,72% | 23 / 50 |
|
2014 | Miguel Arias Cañete | 4.098.339 | 26,09% | 16 / 54 |
|
2019 | Dolors Monserrat | 4.519.205 | 20,15% | 12 / 54 |
Simboloxía
editarSegundo está descrito nos estatutos aprobados polo Partido Popular no XVI Congreso celebrado en xuño de 2008:
As siglas do Partido Popular son PP e o seu logotipo está integrado polas palabras "Partido Popular" acubilladas baixo un símbolo que representa unha gaivota coas ás despregadas.Disposición xeral 3 do Estatuto do PP de 2008.[9]
Desde 2019, un novo símbolo foi substituíndo paulatinamente o anterior. O actual destaca pola novidosa forma da gaivota, que semella un corazón, e que adoita presentar as cores da bandeira de España. O logo anterior, co que conviviu durante varios meses, estreárase en xullo de 2015 e amais de por presentar unha nova tipografía para o logotipo 'populares', destacaba por enmarcar o conxunto nun círculo. Deste logo, todo en cor azul,[10] comentouse a semellanza co do partido Podemos.[11] Este símbolo substituíu o que se empregaba desde xuño de 2008, coas siglas da formación e a gaivota en branco sobre un recadro azul coas esquinas arredondadas e o bordo de cor gris. A composición anterior databa de xaneiro de 2008 e nela as siglas e a gaivota estaban sobre dúas esferas azuis.[12]
-
1989-1993
-
1993-2000
-
2000-2007
-
2007
-
2008
-
2008-2015
-
Eleccións municipais de 2015.
-
Xullo de 2015 - marzo de 2019
-
Icona actual
Imaxe
editarA imaxe estilizada dunha ave coroa os dous pés no logotipo do partido. Esta imaxe é coñecida hoxe en día como unha gaivota, mais nas súas orixes presentouse como un albatros.[13] Foi no congreso de xuño de 2008 cando os novos estatutos mudaron a denominación a "gaivota"[14] (Art. 1º, punto 3) quizais por descoñecemento do propio redactor dos estatutos,[15] xa que hoxe en día, o Partido Popular segue entregando os premios "Albatros de Ouro".[16] O autor do logotipo orixinal, Fernando Martínez Vidal, afirma que a ave do logotipo non é unha gaivota nin un albatros, senón dun carrán.[17]
Himno
editarO himno deste partido foi o mesmo desde a súa formación. A composición foi encargada en 1989 por Miguel Ángel Rodríguez a Manuel Pacho, un coñecido compositor de jingles como «Vacaciones Santillana».[18] Segundo o seu creador, é un himno apegadizo e recoñecible que encarna os valores de emprendemento e individualidade propios do liberalismo, a diferenza dos valores de «colectividade e de unión» que se esperarían dun himno dun partido de esquerdas.[18][19]
Fundacións
editarO PP conta con diversas fundacións e organizacións afíns que desenvolven tarefas de investigación teórica, cooperación internacional, documentación e análise, entre outras:
Notas
editar- ↑ Marcos, Pilar (2006-10-07). "De cuando Alianza Popular nació con siete padrinos". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-09-15.
- ↑ No Congreso dos deputados 2 escanos correspondían a UPN e outros a CdG. No Senado, 3 escanos correspondían a UPN e outro a CdG.
- ↑ No Congreso dos deputados 3 escanos correspondían a UPN e no Senado outros 3 escanos tamén de UPN.
- ↑ No Congreso dos deputados 3 escanos correspondían a UPN e 1 ao PAR. No Senado, 3 a UPN e 3 ao PAR.
- ↑ No Congreso dos deputados 3 escanos correspondían a UPN e 1 ao PAR. No Senado, 3 escanos correspondían a UPN e 1 a UPM.
- ↑ No Congreso dos deputados 2 escanos correspondían a UPN. No Senado, 3 correspondían a UPN, 1 a UPM e 1 a UV.
- ↑ No Congreso dos deputados 2 escanos correspondían a UPN, mentres que no Senado, 3.
- ↑ No Congreso dos Deputados, un dos escanos correspondía a UPN. No Senado, 2 escanos correspondían a UPN, 3 ao PAR e 2 a CCN.
- ↑ Partido Popular (ed.). "Estatutos aprobados polo Partido Popular no XVI" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xaneiro de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2012.
- ↑ Casqueiro, Javier (10 de xullo de 2015). El País, ed. "O PP cambia o logo, retoca a súa gaivota e desdeña as primarias". Consultado o 2 de xaneiro de 2016.
- ↑ "¿Por qué el nuevo logo del PP es malo?". Gràffica (en castelán). 2015-07-10. Consultado o 2020-09-15.
- ↑ El País, ed. (10 de xuño de 2008). "O PP estrea logotipo". EFE. Consultado o 2 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Manuel Fraga". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 22 de marzo de 2011.
- ↑ "O PP renova a súa imaxe co novo logotipo 2.0". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 22 de marzo de 2011.
- ↑ "Nerviosismo nos adictos ao Réxime". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 22 de marzo de 2011.
- ↑ "María Dolores Cospedal homenaxeou aos ex-alcaldes do Partido Popular, Fidel Reyes Aparicio e Conrado Quílez". Consultado o 22 de marzo de 2011.
- ↑ «O símbolo do Partido Popular non é unha gaivota, é un carrán.» ABC, 23/05/2015. Consultado o 9 de xullo de 2015.
- ↑ 18,0 18,1 Portela, Lino (18 de maio de 2011). El País, ed. "A música (en eleccións) continúa igual". Consultado o 29 de xuño de 2014.
- ↑ Blanco, Irene (13 de abril de 2014). Público, ed. "O PP non paga dereitos de autor ao creador do seu himno". Consultado o 29 de xuño de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Partido Popular |