Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Paul George

baloncestista estadounidense

Paul Clifton Anthony George, nado o 2 de maio de 1990 en Palmdale, California, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA).

Modelo:BiografíaPaul George

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de maio de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Palmdale, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPalmdale (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Estado da Califórnia em Fresno (pt) Traducir (2008–2010)
Pete Knight High School (en) Traducir
Universidade do Estado da Califórnia em Fresno (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura203 cm Editar o valor en Wikidata
Peso100 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo13 Editar o valor en Wikidata
Convocado porIndiana Pacers, 10º (24 de xuño de 2010) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Philadelphia 76ers
Indiana Pacers
Oklahoma City Thunder
2008–2010 Fresno State Bulldogs men's basketball
2019– Los Angeles Clippers (Escolta, Ala)
Participou en
2016Xogos Olímpicos de 2016 Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webpaulgeorge.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1591899 Facebook: ygtrece Twitter: Yg_Trece Instagram: ygtrece Youtube: UCiADlH2GCEbwpnHcbFviheQ Editar o valor en Wikidata

Traxectoria profesional

editar

George foi elixido na 10ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Indiana Pacers tras xogar dous anos na universidade cos Fresno State Bulldogs. George asinou o seu contrato rookie o 1 de xullo de 2010, por dous anos por 3.9 millóns de dólares.[1]

O 27 de outubro, George fixo o seu debut na NBA contra os San Antonio Spurs, xogando 23 minutos e anotando 4 puntos. Nos playoffs de 2011, George foi un dos tan só dous rookies do Draft de 2010 que foron titulares para os seus equipos, sendo o outro Landry Fields dos New York Knicks. Ó remate da tempada, George foi incluído no segundo equipo de rookies de 2011 da NBA.

O 3 de febreiro de 2012, George anotou 30 puntos, fixo 7 triplas, 9 rebotes, 5 asistencias, 5 roubos e 1 tapón na vitoria contra os Dallas Mavericks. Foi seleccionado para competir no concurso de mates do NBA All-Star Weekend de 2012, ademais de ser elixido membro do Team Chuck no Rising Stars Challenge.

O 21 de novembro de 2012, George anotou 9 de 13 triplas intentadas, para anotar 37 puntos, a máxima anotación da súa carreira, na vitoria contra os New Orleans Hornets. Esta marca de 9 triplas converteuse no récord da franquía de máis triplas anotadas nun partido, superando a Reggie Miller. O 24 de xaneiro de 2013, anunciouse que George foi seleccionado para xogar no NBA All-Star Game de 2013 en Houston. Esta foi a primeira vez que George foi elixido All-Star.

O 6 de xullo de 2017, George foi traspasado ós Oklahoma City Thunder a cambio de Victor Oladipo e Domantas Sabonis.[2]

O 10 de xullo de 2019, George foi traspasado ós Los Angeles Clippers a cambio de Shai Gilgeous-Alexander, Danilo Gallinari e cinco eleccións da primeira rolda do Draft.[3]

  1. "Paul George Signs with Pacers". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2012. Consultado o 02 de xuño de 2011. 
  2. "Thunder Acquires All-Star Forward Paul George". NBA.com. 6 de xullo de 2017. Consultado o 6 de xullo de 2017. 
  3. "L.A. Clippers Acquire Six-Time NBA All-Star Paul George" (Nota de prensa). Los Angeles Clippers. 10 de xullo de 2019. Consultado o 10 de xullo de 2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar