Peña Vieja
Peña Vieja é un cumio situado no Macizo Central dos Picos de Europa ou macizo dos Urrieles, en Cantabria.[1]
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Parque Nacional dos Picos de Europa | |||
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Cantabria, España | |||
| ||||
Cordilleira | Picos de Europa | |||
Características | ||||
Altitude | 2.617 m | |||
Prominencia topográfica | 217 m | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
9 de xullo de 1890 | primeira ascensión | |||
Cos seus 2.617 metros de altitude representa o pico máis alto localizado íntregramente dentro do territorio de Cantabria. Tradicionalmente pensouse que era a cima máis alta de Cantabria, aínda que en realidade a honra pertence a Torre Blanca.[2]
A primeira ascensión coñecida débese ao conde Saint-Saud, acompañado de Cosme Soberón e Jerónimo Prieto, o 9 de xullo de 1890. Subindo polo collado da Canalona é un dos picos de 2.600 metros máis gratificantes de conquistar de Picos de Europa.
Notas
editar- ↑ Picos de Europa. Macizos Central y Oriental (Mapa). 1:25000. Adrados Ediciones. 1997.
- ↑ "Mendikat :: Torre Blanca ( 2.619 m )". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 24 de febreiro de 2016.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peña Vieja |