Pietà
A Pietà, ou Virxe de Piedade, é un tema artístico da iconografía cristiá que representa á Virxe María en Mater Dolorosa , nai que chora o seu fillo que ten sobre os seus xeonllos, neste caso Cristo baixado morto da cruz antes da súa posta na tumba, acontecemento antes da súa Resurrección, precedendo a Ascensión. A escena da Deposición de Cristo trata de xeito máis amplo de todos personaxes que estaban ao pé da cruz por demais do Cristo e da súa Nai.
Historia
editarEste tema cristián de sufrimento e de morte é o primeiro expresado despois dos episodios da Paixón de Cristo, antes da súa Resurrección. Está vixente entre os anos 1350 e 1500 (dos séculos XIV e XV) moi marcados por graves períodos de epidemias e pandemias de peste negra.
Completa outros temas de Virxe, ou «Virxe co Neno», tradicionalmente inscritos na infancia de Xesús.
Estritamente o tema non debe implicar, na súa representación, máis que dous dos personaxes da cronoloxía da vida do Cristo: el mesmo morto e María a súa nai aflixida. Como en moitas outras representacións sagradas, outros personaxes (santos, o doador ou o socio comanditario) poden asistir de xeito anacrónico á escena como se pode ver tamén nas Conversacións sagradas (Sacra Conversazione), outro tema da iconografía cristiá xurdido no Renacemento.
Galería de imaxes
editar-
Pietà, pintura de Nicolas Poussin, cara 1626.
-
Pietà, vidreira dunha igrexa de Greifenburg (Austria).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pietà |