Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Pokémon Platinum

videoxogo de 2008

Pokémon Platinum Version é un videoxogo de rol de 2008 desenvolvido por Game Freak e publicado por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo DS. É unha versión mellorada de Pokémon Diamond e Pearl e forma parte da cuarta xeración da serie de videoxogos de Pokémon. Estreouse no Xapón o 13 de setembro de 2008, e en América do Norte, Australia e Europa no ano 2009. Os desenvolvedores crearon Platinum co obxectivo de facelo unha versión máis forte de Diamond e Pearl, os cales eles describiron como os títulos "definitivos" de Pokémon.

Pokémon Platinum
Logo do xogo.
Desenvolvedor(es)Game Freak
Distribuidora(s)The Pokémon Company
Nintendo
Director(es)Takeshi Kawachimaru
Produtor(es)Junichi Masuda
Shusaku Egami
Hitoshi Yamagami
Hiroaki Tsuru
Artista(s)Ken Sugimori
Compositor(es)Hitomi Sato
Satoshi Nohara
Junichi Masuda
Go Ichinose
Lanzamento 13 de setembro de 2008
América do Norte: 22 de marzo de 2009
Australia 14 de maio de 2009
Unión Europea 22 de maio de 2009
XéneroVideoxogo de rol
Modos de xogoUn xogador
Multixogador
Clasificación PEGI
CERO
Plataforma(s)Nintendo DS
SeriePokémon
Na rede
http://www.pokemonplatinum.com
editar datos en Wikidata ]

En Platinum, controla un personaxe masculino ou feminino e comeza cun dos tres Pokémon iniciais que lle ofrece o Profesor Rowan. O Pokémon de portada é Giratina, que xoga un papel central no argumento do xogo. Mentres que este Pokémon só tiña unha forma en Diamond e Pearl, en Platinum ten unha nova forma alternativa e unha nova área para explorar chamada "Distortion World", que presenta unha física alterada respecto da rexión normal de Sinnoh, na cal está ambientado o xogo. O modo de xogo permanece fiel á mecánica tradicional de Pokémon. Os xogadores exploran unha grande area, que abrangue dende as montañas a corpos de auga, pradeiras, cidades e extensións nevaas. Ó igual que nos títulos anteriores, os xogadores capturan Pokémon para loitar en batallas por quendas contra outros Pokémon.

Pokémon Platinum conseguiu valoracións positivas por parte da crítica, conseguindo puntuacións de 84 e 83,14% en Metacritic e GameRankings respectivamente. Foi eloxiado como o mellor xogo de Pokémon xamais feito e recibiu boas críticas polos engadidos respecto de Diamond e Pearl en publicacións como IGN, Nintendo Power e GamePro, malia que tamén houbo voces que o consideraron semellante demais en relación ós títulos anteriores. IGN clasificouno no noveno posto de mellores xogos creados para Nintendo DS,[1] e conseguiu un nomeamento ó mellor xogo de rol de DS do ano 2009. Foi o xogo máis vendido no Xapón nese momento e vendeu 7,06 millóns de copias en todo o mundo até o 31 de marzo de 2010.[2]

  1. IGN Nintendo Team (19 de novembro de 2010). "The Top 25 Nintendo DS Games". IGN. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2019. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  2. "Financial Results Briefing for Fiscal Year Ended March 2010" (PDF). Nintendo. 7 de maio de 2010. p. 10. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xullo de 2011. Consultado o 2010-05-08. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar