Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Pybba, nado c. 570? e finado en 606 ou 615, (tamén Pibba, Wibba, Wybba) foi un primitivo rei Mercia. Foi fillo de Creoda e pai de Penda e Eowa. Os nomes Pybba e Penda son de orixe britana, máis que xermánica[1].

Modelo:BiografíaPybba de Mercia
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Rei
Rei de Mercia

← Creoda de MerciaCearl de Mercia → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaIclingas (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fillosunnamed daughter of Pybba of Mercia, unnamed daughter of Pybba of Mercia, Coenwalh, Penda, Eowa de Mercia Editar o valor en Wikidata
PaiCreoda de Mercia Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Mercia-224

Traxectoria

editar

As súas datas aparecen ás veces en xenealoxías como nacemento en 570, o principio do seu reinado en 593, e morte en 606 ou 615, pero sen evidencia aparente; a Crónica anglosaxoa menciónao tan só como pai de Penda, sen maior detalle.

Segundo a Historia Brittonum, Pybba tería 12 fillos[2]. Cearl, un rei de Mercia, é mencionado por Beda, e puido ser sucesor de Pybba, pero a súa filiación con Pybba, se a houbese, é descoñecida. O fillo de Pybba, Penda finalmente converteríase en rei; a Crónica data este feito en 626, malia que Beda suxire que non sería até despois da batalla de Hatfield Chase en 633.

Ademais de Penda e Eowa, Pybba tivo aparentemente outro fillo chamado Coenwalh. Cada rei, desde Penda até Ceolwulf, deposto en 823, proclamábase descendente de Pybba, a través de Penda, Eowa ou Coenwalh (quizais excluíndo a Beornrad, que gobernou brevemente e cuxa procedencia é descoñecida).

Tamén se di que Pybba tivo unha filla. Aínda que non se menciona o seu nome, foi posibelmente a primeira esposa de Cenwalh, rei de Wessex (648-674)[3].

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  1. Higham, Nicholas J.; Ryan, Martin J. (2013). The Anglo-Saxon World. Yale University Press. ISBN 978-0-300-12534-4. , p. 143.
  2. Historia Brittonum Arquivado 27 de xullo de 2009 en Wayback Machine., capítulo 65.
  3. Beda: HE 3,7