ROSAT
Observatorio espacial de Alemaña, Estados Unidos e Reino Unido.
ROSAT (acrónimo do alemán Roentgen Satellit) foi un observatorio espacial construído en colaboración de Alemaña, os Estados Unidos e o Reino Unido, lanzado o 1 de xuño de 1990 mediante un foguete Delta II 6920-8 desde Cabo Cañaveral.[1][3]
ROSAT (Roentgen Satellit) | |
---|---|
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | NASA/DARA[1] |
Data de lanzamento | 1 de xuño de 1990[2][3][4] |
Foguete portador | Delta II 6920-8[1][3] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[3][5] |
Obxectivo da misión | Observación astronómica en raios X.[3][5] |
Decaemento | 23 de outubro de 2011[2] |
NSSDC ID | 1990-049A |
Masa | 2421,1 kg[3] |
Potencia | 905 vatios[3] |
Características
editarROSAT adicouse á observación astronómica no rango de lonxitudes de onda dos raios X. Estaba estabilizado nos tres eixos e tiña unha precisión no apuntado de 1 minuto de arco, cunha estabilidade de 5 segundos de arco por segundo ou mellor. A orientación acadábase mediante dous sensores estelares CCD.[1][3]
A duración inicial da misión era de 18 meses, pero prolongouse varias veces.[1][3] ROSAT finalmente reentrou na atmosfera o 23 de outubro de 2011.[2]
Instrumentos
editar- X-ray Telescope (XRT): o telescopio de raios X en si, un telescopio de incidencia rasante composto por catro telescopios tipo Wolter anidados cunha apertura de 84 cm e 240 cm de lonxitude focal, cunha resolución de 5 segundos de arco a enerxías medias. Traballaba no rango de enerxías entre 0,1 e 2 keV e alimentaba a tres instrumentos situados no plano focal: dous contadores proporcionais de orixe alemá e unha cámara de alta resolución proporcionada polos Estados Unidos.
- Telescopio para o ultravioleta extremo: telescopio proporcionado polo Reino Unido coaliñado co XRT e que traballaba no rango de enerxías entre 0,042 e 0,21 keV.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ROSAT" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ROSAT" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (4 de novembro de 2011). "ROSAT" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2012.
- ↑ "Note verbale dated 5 September 2001 from the Permanent Mission of Germany to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (01-87116 (E)). 4 de febreiro de 1980: 2. ST/SG/SER.E/640.
- ↑ 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "ROSAT" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: ROSAT |
Ligazóns externas
editar- Páxina de ROSAT en DLR Arquivado 30 de xullo de 2019 en Wayback Machine.