Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

RSS é parte da familia de formatos XML, desenvolvidos especificamente para os sitios de novas e os blogs. Este tipo de sitios que se actualizan con frecuencia inclúen dentro das súas potencialidades, a posibilidade de compartir información e usala noutros lugares web ou programas. Este procedemento coñécese como sindicación.

Icona do RSS.
Icona do RSS.

Características

editar

O acrónimo emprégase para os seguintes estándares:

  • Rich Site Summary (RSS 0.91)
  • RDF Site Summary (RSS 0.9 e 1.0)
  • Really Simple Syndication (RSS 2.0)

Os programas que len e presentan fontes RSS de diferentes procedencias denomínanse agregadores. Grazas aos agregadores ou lectores de feeds (programas ou sitios que permiten ler fontes RSS) pódense obter resumos de todos os blogs que se desexe desde o escritorio do sistema operativo, programas de correo electrónico ou por medio de aplicacións web que funcionan como agregadores.

Case todos os portais e páxinas de Internet que inclúen noticias, inclúen tamén canles de feeds das súas novidades, avisos ou comentarios.

Historia

editar

O RSS lanzouno por primeira volta Netscape en 1999. Era un formato derivado do RDF para a xestión dos contidos do portal My Netscape Network.

Tipos de Agregadores

editar

Baseados na web

editar

Son aplicacións que se executan na propia web, como Bloglines ou Rojo.

Utilidades e Extensións dos navegadores

editar

Os principais navegadores de Internet (Mozilla Firefox, Opera,Safari, Internet Explorer...) tamén inclúen utilidades para engadir canles de noticias. Mediante "marcadores dinámicos" ou "fontes" o navegador encárgase de xestionar as nosas subscricións as distintas canles de feeds.

Cliente de Software

editar

Instálanse no ordenador e están deseñados para agregar canles de feeds e ordealos por temas ou categorías. As subscricións amósanse na columna esquerda e as entradas de cada feed lense na columna dereita. Hainos para todos os distintos sistemas operativos. FeedReader, FeedDemon.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar