Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Recesvinto (en español, galego e portugués) tamén coñecido como Recceswinth​, Rekkeswint (alemán), Reccesuinth, Recceswint, Reccaswinth (inglés), Réceswinthe (francés), Reccesvinthus, Recceswinthus (latín), e Recesvindus, (no latín do Liber iudiciorum), foi un rei visigodo que gobernou entre os anos 649 e 672.

Infotaula de personaRecesvinto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoAntes de 649 Editar o valor en Wikidata
Morte1 de setembro de 672 Editar o valor en Wikidata
Valladolid Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Santa María de Toledo Editar o valor en Wikidata
Rei dos visigodos
653 – 672
← ChindasvintoVamba → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoSiege of Cesaracosta (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos visigodos Editar o valor en Wikidata
PaiChindasvinto Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1527337

Morreu e foi soterrado na localidade de Gérticos,[1][2] actual Wamba (provincia de Valladolid), no ano 672.[2][3] Dende 1845, os seus restos e os do seu sucesor Wamba, permanecen nunha furna na sancristía da Catedral de Toledo.[4]

Traxectoria

editar

Foi fillo de Chindasvinto e Riciberga. Foi coroado no 649, estando vivo aínda seu pai, co apoio da nobreza e do clero,[5] e gobernou durante 23 anos, conseguindo durante o seu reinado un amplo período de paz continuada de 19 anos, tan só interrompido ao comezo do seu reinado por algunha revolta como a de Froia.

Revolta de Froia

editar

Ao comezo do seu reinado, produciuse unha revolta protagonizada por Froia, duque da Tarraconense, quen, fuxindo da persecución do monarca, coma outros moitos, estableceuse entre os vascóns da Aquitania. Froia mailos vascóns, saquearon as terras do val do Ebro, incendiaron igrexas, asasinaron cregos e puxeron sitio a cidade de Zaragoza.[6] Recesvinto acudiu en auxilio da cidade, conseguiu levanta-lo sitio e matou a Froia.[7]

Durante o seu reinado, foron celebrados o VIII, IX e X Concilios de Toledo. No ano de 654, promulgou o Liber iudiciorum ou Código de Recesvinto, que perviviu entre os mozárabes de Al-Andalus e foi traducido ao castelán como Fuero Juzgo.[2]

  1. Izquierdo Benito (2001), pp. 233-234
  2. 2,0 2,1 2,2 Balbás (2022), p. 1
  3. Bradley (1888), p. 341
  4. Izquierdo Benito (2001), p. 235
  5. Bradley (1888), p. 339
  6. Balbás (2020), p. 2
  7. Bradley (1888), p. 340

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Balbás, Yeyo (2022). Espada, hambre y cautiverio (en castelán). Madrid: Desperta Ferro ediciones. ISBN 978-84-123239-8-6. 
  • Bradley, Henry (1888). The story of the Goths: from the earliest times to the end of the Gothic dominion in Spain. Colección: Story of the nations (en inglés) 18. Londres: G. P. Putnam's sons. 
  • Izquierdo Benito, Ricardo (2001). "Alfonso X el Sabio ¿primer arqueólogo medievalista?". Historia, instituciones, documentos (Sevilla: Universidade de Sevilla) (28): 231–240. ISSN 0210-7716. 

Outros artigos

editar


Predecesor:
Chindasvinto
 Rei dos visigodos 
653-672
dende 649 asociado a seu pai
Sucesor:
Wamba