Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Discurso (narratoloxía)

(Redirección desde «Relato»)

Para comprendermos os termos historia ou diéxese e relato ou discurso debemos opolos entre si procedendo en primeiro lugar á súa definición por separado

A historia é unha serie de acontecementos ordenados nunha secuencia cronolóxica, protagonizada por personaxes encadrados nun marco espacial. Representa o plano do contido.

O discurso (ou relato) é o proceso de contar unha historia elixindo o punto de vista, a ordenación temporal dos acontecementos e a duración dos mesmos. Unha historia pode dar pé a múltiplos discursos narrativos. Representa o plano da forma.


En épocas de crise, a historia (o contido) é a máis suxeita a variacións, novos cambios sociais priman obras cargadas de argumento, mentres que en períodos de estabilidade se traballa con experimentacións (discurso, estrutura).

Obsérvese que a historia presupón o plano do contido mentres que o discurso implica o plano da forma.