Reuters
Reuters é unha axencia de noticias con sede no Reino Unido, coñecida por subministrar información a medios de comunicación e mercados financeiros. Está presente en máis de 201 cidades[1][2] de 94 países e achega información en máis de vinte linguas. Reuters é unha das maiores axencias de noticias do mundo.[3]
Reuters | |
---|---|
Tipo | axencia de noticias e negocio |
Data de fundación | outubro de 1851 |
Fundador(es) | Paul Julius Reuter |
Nomeado en referencia a | Paul Julius Reuter |
Director/a | Stephen J. Adler |
Nº de empregados | 2.500 |
Organización matriz | Thomson Reuters |
Organización subsidiaria | Reuters TV |
Sede | Londres |
País | Reino Unido |
Na rede | |
https://www.reuters.com, https://jp.reuters.com, https://uk.reuters.com/, https://fr.reuters.com, https://ru.reuters.com/, https://in.reuters.com e https://cn.reuters.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Aínda que é coñecida polo seu labor como axencia de noticias, isto só supón o 10 % dos ingresos totais do grupo. A principal actividade de Reuters consiste en proporcionar información aos mercados financeiros, como os valores dos tipos de interese e prezos de accións, ademais de ofrecer investigacións, análise e produtos de mercadeo que permiten aos axentes a compravenda de divisas e accións por computador. Entre os seus competidores están Bloomberg L.P. e Dow Jones Newswires. Desde 2008, fai parte de Thomson Reuters.[4]
Historia
editarPaul Julius Reuter traballaba nunha editorial de Berlín e viuse involucrado na distribución de panfeltos radicais das revolucións de 1848. Estas publicacións chamaron moito a atención e en 1850 desenvolveu o prototipo dun servizo de novas en Aquisgrán empregando pombas mensaxeiras e unha liña de telégrafo,[5] cando se deu de conta de que con esta tecnoloxía a difusión de novas era cada vez máis rápida. Nun principio a liña conectaba con Berlín, mais ao pouco tempo Reuter decatouse de que a difusión a Bruxelas, un dos centros financeiros europeos no século XIX, lle proporcionaría máis beneficios.
Un ano despois, Reuter marchou a Londres onde tratou de desenvolver un cable telegráfico submarino que atravesase o canal da Mancha e conectase Dover con Calais. Tras varios intentos fracasados, o "telégrafo submarino" comezou a funcionar a finais de 1851, e o empresario negociou coa Bolsa de Londres o intercambio de información financeira do resto de Europa, algo que tamén fixo na Bolsa de París. En 1865, o seu negocio pasou a ser oficialmente unha sociedade limitada so o nome de Reuter's Telegram Company.[6]
Ao longo dos anos, a compañía gañou reputación, sendo a primeira en Europa que informou do asasinato de Abraham Lincoln,[5][7] e estableceu unha rede completa de correspondentes por todo o mundo, así como un negocio de compra e venda de información. Reuters mantivo a súa condición de corporación ata 1984,[8] cando pasou a ser unha sociedade anónima que comezou a cotizar na Bolsa de Londres[7] e no índice Nasdaq dos Estados Unidos.[5] Os seus estatutos prohibían que unha persoa puidese posuír máis do 15 % das accións, para evitar que a axencia puidese sucumbir aos intereses dun único propietario.
A partir da década de 1980, a axencia medrou con moita rapidez grazas á elaboración e subministración de información empresarial e financeira, e procurou ampliar o seu campo de información a outros medios como a radio, a televisión e Internet. En 2007, The Thomson Corporation alcanzou un acordo de unión con Reuters para formar Thomson Reuters. Thomson fíxose co 53 % do capital da nova compañía, polo que a restrición do 15 % foi suprimida.[9]
Sedes
editarHistoricamente, o cuartel xeral de Reuters sitúase en Londres. Aínda que desde 1939 ata comezos do século XXI a axencia se localizaba nun edificio deseñado por Sir Edwin Lutyens en Fleet Street, trasladouse en 2005 a unha instalación máis grande situada en Canary Wharf, ao leste da capital.
Notas
editar- ↑ "Home - Reuters News - The Real World in Real Time". Reuters News Agency (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Careers". www.reuters.tv. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2019. Consultado o 14 de xaneiro de 2019.
- ↑ "News agency". Encyclopædia Britannica. 23 de agosto de 2002. Consultado o 18 de febreiro de 2017.
- ↑ "About us". Reuters. Consultado o 14 de xaneiro de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Reuters (news agency)". Encyclopædia Britannica. 26 de marzo de 2010. Consultado o 3 de novembro de 2012.
- ↑ "Reuters, de mensajes en palomas a grupo multimedia" (en castelán). El Economista. Consultado o 3 de marzo de 2010.
- ↑ 7,0 7,1 Allen, Katie (4 de maio de 2017). "Reuters: a brief history". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 19 de febreiro de 2017.
- ↑ Read, Donald (1999). The Power of News: The History of Reuters. Oxford University Press. ISBN 978-0198207689. doi:10.1093/acprof:oso/9780198207689.001.0001.
- ↑ "Thomson se compromete a mantener principios de Reuters para asegurar fusión" (en castelán). El Economista. Consultado o 3 de marzo de 2010.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Reino Unido |
Bibliografía
editar- Read, Donald (1992). The Power of News: The History of Reuters 1849–1989. Oxford, Oxford University Press. ISBN 0-19-821776-5
- Mooney, Brian; Simspon, Barry (2003). Breaking News: How the Wheels Came off at Reuters. Capstone. ISBN 1-84112-545-8
- Fenby, Jonathan (12 de febreiro de 1986). The International News Services. Schocken Books. p. 275. ISBN 0-8052-3995-2.
- Schwarzlose, Richard (1 de xaneiro de 1989). Nation's Newsbrokers Volume 1: The Formative Years: From Pretelegraph to 1865. Northwestern University Press. p. 370. ISBN 0-8101-0818-6.
- Schwarzlose, Richard (1 de febreiro de 1990). Nation's Newsbrokers Volume 2: The Rush to Institution: From 1865 to 1920. Northwestern University Press. p. 366. ISBN 0-8101-0819-4.
- Schwarzlose, Richard (xuño de 1979). The American Wire Services. Ayer Co Pub. p. 453. ISBN 0-405-11774-4.
- Silberstein-Loeb, Jonathan (2014). The International Distribution of News: The Associated Press, Press Association, and Reuters, 1848–1947
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial* Times of Crisis – multimedia interactive charting the year of global change
- Bearing Witness award-winning multimedia reflecting on war in Iraq
- Arquivado 24 de xuño de 2018 en Wayback Machine. – News imagery of the 21st century
- Thomson Reuters Foundation Arquivado 20 de novembro de 2010 en Wayback Machine. – philanthropic foundation