Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Roxelio Pérez González

mestre e pedagogo galego

Roxelio Pérez González, coñecido como Roxerius, nado en Rianxo o 18 de xuño de 1897 e finado en Pontevedra o 9 de xullo de 1963, foi un mestre e pedagogo galego.

Modelo:BiografíaRoxelio Pérez González
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1897 Editar o valor en Wikidata
Rianxo, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xullo de 1963 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesRoxerius Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Normal de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, pedagogo Editar o valor en Wikidata

BUSC: roxerius-1897-1963 Nomes e Voces: 13205

Traxectoria

editar

Curmán de Manuel Antonio, participou con Rafael Dieste no grupo teatral Os Trece, que fixo varias representacións en aldeas e vilas da ría de Arousa en 1915.

En 1920 rematou os estudos de maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Nestes anos frecuentou o centro republicano e as Irmandades da Fala. En 1919 asistiu, xunto con Antón Villar Ponte, Fray Salvador, Sánchez Andrade e Leandro Pita Romero, á Xuntanza Escolar Nazonalista, celebrada en Santiago.

Participou na fundación do Partido Galeguista en decembro de 1931. A partir deste momento, intensificou as súas colaboracións xornalísticas e diversificou a temática destas. Despois de aprobar por libre os cursos da Escola Superior de Maxisterio de Madrid, obtivo a praza de inspector de ensino primario en 1932 e foi destinado a Pontevedra.

Desde o seu posto de Inspector intentou aplicar a política educativa da Segunda República adaptada ao contexto galego. Traballou pola galeguización do ensino, a realización de conferencias e actos culturais na Galiza rural e pola creación de bibliotecas escolares. Prestou atención á nova escola rural galega, ás escolas agrarias e á práctica dunha pedagoxía activa. Defendeu posturas monolingües respecto ao emprego do galego no ensino.

Entre 1933 e 1936 participou na política nacionalista arredor das figuras de Castelao e Bóveda, e foi elixido vicepresidente da xunta directiva do PG de Pontevedra en 1934. Neses anos viviu a etapa de maior proxección pública como educador: foi secretario da Casa do Mestre de Pontevedra e colaborador habitual do seu órgano de expresión, Escuela Vivida, director do padroado de Misións Pedagóxicas (1934) e coordinador da Página Pedagógica de El Pueblo Gallego.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi apartado do seu cargo de inspector o 12 de setembro de 1936. No proceso de depuración resultou cesado o 27 de febreiro de 1937, e foi readmitido nos anos 40.

Publicou traballos sobre temas da súa especialidade, moitos deles escritos en galego, en La Voz de Galicia (1922), Galicia (1924), El Pueblo Gallego (1926-1935) e A Nosa Terra. Colaborou co exilio americano en revistas como Lar e, a partir de 1946, en La Noche na páxina semanal "Plumas y Letras Gallegas". Tamén publicou algúns poemas en galego e castelán. Aínda que o seu pseudónimo máis habitual foi o de "Roxerius", empregou tamén o de "Xelioro".

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar