Rublo ruso
Rublo ruso | |
---|---|
Pоссийский рубль en ruso | |
Código: | RUB |
Ámbito: | Rusia Abkhazia Osetia do Sur |
Símbolo: | руб |
Fracción: | 100 kopeks |
Moedas: | 1, 5, 10, 50 kopeks 1, 2, 5, 10 RUB |
Billetes: | 5, 10, 50, 100, 500, 1.000, 5.000 RUB |
Emisor: | Banco de Rusia[1] |
Taxa de troco: 16-01-2015 [2] | 1 EUR = 83,91 RUB 1 USD = 76,90 RUB |
O rublo (en ruso рубль, rublʹ) é a unidade monetaria actual da Federación Rusa e das repúblicas autoproclamadas de Abkhazia e Osetia do Sur. Foi a moeda oficial na Unión Soviética e no Imperio Ruso.
Historia
editar- Véxase tamén: Rublo soviético.
O rublo implantouse de forma definitiva xunto coa creación do Imperio Ruso no século XVI á chegada de Iván o Terrible Durante case tres séculos conviviu con outras unidades monetarias como o denga ou a polushka. Co tempo, o rublo abriuse camiño e as restantes moedas desapareceron ou se converteron na forma coloquial de chamar a unha fracción determinada de rublo. Durante o reinado de Nicolao II, último tsar de Rusia, a polushka era o equivalente a 1/400 de rublo, e 1/2 rublo recibía o nome de poltinik. Na era soviética denominábase comunmente chiervoniets á moeda de ouro de 10 rublos. Desde a súa aparición, a centésima parte do rublo recibe o nome de kópeck.
O rublo apenas perdeu o seu valor desde a súa aparición ata a Revolución Rusa en 1917 grazas ao control autocrático dos tsares. Cando a guerra civil rusa chegou ao seu fin, Lenin decidiu, como unha das medidas da NEP, a desvalorización do rublo nun 50%. Desde 1917, o rublo foi perdendo progresivamente valor no mercado internacional ata que en 1958, o secretario xeral do PCUS Nikita Khrushchev estableceu un cambio oficial e permanente de 1,5 dólares estadounidenses por rublo. Este cambio permaneceu ata a aparición da chamada perestroika, imposta a finais da década dos anos 1980 por Mikhail Gorbachev, que esixía unha nova desvalorización. O rublo pasou a valer 1/10 do seu valor anterior en 1990.
A partir da caída da Unión Soviética en decembro de 1991, o valor do rublo veu abaixo. Todas as repúblicas integrantes da CEI (todas as que formaban a URSS fóra de Estonia, Letonia e Lituania ademais de Moldova e Xeorxia que ingresarían máis tarde) aceptaron continuar co rublo como moeda oficial. Ucraína violaría o acordo xunto con Taxikistán (que ironicamente volvería aceptar o rublo) en primeiro lugar. Para finais 1992 tan só Belarús e Rusia utilizaban rublos, e este sufriu unha depreciación que deixou o cambio en 100 rublos por dólar. En 1993, a caída foi máxima e o valor do rublo quedou a 1000 rublos por dólar e Belarús comezou a emitir os seus propios rublos. Entre 1993 e 1997 a tremenda inflación cesou e o rublo mantivo o seu pobre valor estabilizado. En 1997 fíxose unha enorme reforma que deixou o cambio oficial a 30 rublos por dólar. Belarús volveu adoptar o rublo emitido por Rusia despois de que os seus propios rublos sufrisen unha caída tal que se chegaron a facer emisións de billetes de varios millóns de rublos. Taxikistán tamén volveu aceptar o rublo ruso logo da revalorización.
Doutra banda, en 1946 unha compañía mineira soviética instalouse nas illas Svalbard ao norte de Noruega e no interior do Círculo Polar Ártico. Esta compañía, chamada Арктикунгол (Arktikungol), emitiu unha serie de moedas de kopieika para uso exclusivo dos habitantes da illa quen, a pesar de que vivían en terras norueguesas, eran en máis dun 80% de nacionalidade soviética. Tras a caída da Unión Soviética, a compañía emitiu en 1993 unha nova serie de moedas, esta vez de rublos enteiros debido á depreciación da moeda. Outras emisións realizáronse en 1999, 2000, 2002 e 2004. Estes rublos teñen valor comercial non só nas illas Svalvard (Шпицверген - Shpitsbiergien en ruso) senón en todo o territorio ruso. Debido á súa escasa tirada, os rublos das illas Svalbard son moi apreciados polos coleccionistas.
Moedas e billetes actuais
editarMoedas
editarExisten moedas de rublos nas seguintes denominacións:
- 1 kópeck (raramente usado)
- 5 kópecks (raramente usado)
- 10 kópecks
- 15 kópecks
- 50 kópecks
- 1 rublo
- 2 rublos
- 5 rublos
Billetes
editarOs billetes en circulación en 2005 son os das denominacións que a continuación se enumeran. Cada denominación está dedicada a unha cidade rusa, polo que os motivos que se representan pertencen a devandita cidade.
- 5 rublos
- 61 x 137 mm
- Tonalidade: verde
- Cidade motivo: Novgorod
- Anverso: Monumento ao Milenio Ruso, de fondo a Catedral de Santa Sofía en Novgorod
- Reverso: A muralla do Kremlin de Novgorod.
- 10 rublos
- 65 x 150 mm
- Tonalidade: verde escuro e marrón
- Cidade motivo: Krasnoyarsk
- Anverso: Ponte sobre o río Ienisei e unha capela
- Reverso: Planta hidroeléctrica
- 50 rublos
- 65 x 150 mm
- Tonalidade :azul
- Cidade motivo: San Petersburgo
- Anverso: detalle da Columna Rostral no río Neva, de fondo a Fortaleza de San Pedro e San Pablo
- Reverso: o edificio da Bolsa e a Columna Rostral.
- 100 rublos
- 65 x 150 mm
- Tonalidade rosa e alaranxada
- Cidade motivo: Moscova
- Anverso: escultura dunha cuadriga na fachada do Teatro Bolshoi
- Reverso: Edificio do Teatro Bolshoi
- 500 rublos
- 65 x 150 mm
- Tonalidade: azul violeta
- Cidade motivo: Arjangelsk
- Anverso: monumento a Pedro o Grande e un barco veleiro, de fondo a Terminal marítima de Arjangelsk
- Reverso: Mosteiro Solovetsky
- 1000 rublos
- 69 x 157 mm
- Tonalidade: azul verdáceo
- Cidade motivo: Yaroslavl
- Anverso: Monumento ao príncipe Yaroslav o Sabio, de fondo capela no Kremlin de Yaroslavl
- Reverso: Igrexa do Precursor.
Billetes do Imperio Ruso
editarEstes son os billetes que circulaban a finais do século XIX, principios do século XX no Imperio Ruso:
Valor | Anverso | Reverso |
---|---|---|
1 | ||
3 | ||
5 | ||
10 | ||
25 | ||
100 |
Notas
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rublo ruso |
- Sitio oficial de Goznak Arquivado 24 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. (en ruso)
- Historia da moeda rusa (en inglés)
- Billetes de rublo rusos actuais na páxina do Banco Central de Rusia (en inglés)
- Billetes de rublo rusos 1898 - 1917 (en inglés)
- Rublo ruso - Billetes de Rusia (en inglés) (en alemán) (en francés)