Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Si Mohand ou-Mhand n En Hmadouch, nado en Icerɛiwen, Tizi Rached, ca. 1848 e finado en Ain El Hammam o 28 de decembro de 1905, foi un poeta bérber da Cabilia en Alxeria[1] Denominado o "Verlaine cabilo" por eruditos franceses, traducírono amigos alxerianos como Mouloud Feraoun, Mouloud Mammeri[2] e Si Amar U Said Boulifa.[3]

Modelo:BiografíaSi Mohand

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1848 Editar o valor en Wikidata
Icheraiouen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 1906 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Aïn El Hammam (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, filósofo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1368942
Sepultura de Si Muhand

Traxectoria

editar

Si Mohand naceu nunha familia podente e seguiu unha educación relixiosa tradicional. Non obstante por mor da revolta da Cabilia en 1871 contra o poder francés perdeu todo. A xustiza sentenciou a morte a seu pai e ao exilio en Nova Caledonia a seu tío, para alén incautaron as posesións da familia. Si Mohand quedou na Cabilia mentres a súa nai e irmáns emigraron a Tunisia, traballou como asalariado en varios traballos gañando apenas para sobrevivir, vadiando pola Cabilia e zonas próximas.

Morreu de tuberculose aos 57 anos nun hospital en Ain El Hammam.[4]

No curso da súa vida de vagabundeo compuxo un gran número de isefra ou poemas en bérber, conserváronse uns cantos centos por transmisión oral que recolleron en libro Boulifa, Mouloud Feraoun, Mouloud Mammeri e Younes Adli.

  • Poésies populaires de la Kabylie du Djurdjura, M. Hanoteau, París, 1867
  • Recueil de poésies kabyles, Saïd Boulifa, Alger, Jordan, 1904
  • La Poésie kabyle de Si Mohand-ou-M’hand et les Isefra, Emile Dermenghem, Documents Alger, Séries-culturelles, n°57, 1951.
  • Les Poèmes de Si Mohand, Mouloud Feraoun, París, Edition de Minuit, 1960.
  • Les Isefra de Si Mohand, Mouloud Mammeri, Maspero, 1982.
  • Si Mohand ou Mhand. Errance et révolte, Younes Adli, Paris Mediterranee, ISBN 2-84272-110-1, 2001.
  1. Mortimer, Mildred (1982) "The Isefra of Si Mohand-ou-Mohand: Songs of a Berber Poet interpreted by Mouloud Mammeri", in: Johnson, Lemuel A. Toward defining the African aesthetic, page 31-38, Washington D.C., Three Continents Press, ISBN 0894103563
  2. Strijp, Ruud (1992) Cultural Anthropology of the Middle East:A Bibliography : 1965-1987. BRILL Publishers, p. 29
  3. Ilahiane, Hsain (2006). Historical Dictionary of the Berbers. Scarecrow Press. p. 44-282. ISBN 0810864908
  4. Joris, Pierre; Tengour, Habib (2012). Poems for the Millennium. Vol. 4. University of California Press. p. 241-754. ISBN 0520273850.