Suga
Min Yoon-gi (en coreano: 민윤기), nado o 9 de marzo de 1993 e máis coñecido polos seus nomes artísticos Suga ou Agust D, é un rapeiro, compositor e produtor musical surcoreano. En 2013, debutou como membro do grupo de k-pop BTS, que pertence á compañía Big Hit Entertainment. En 2016, publicou o seu primeiro mixtape en solitario Agust D. De acordo coa Asociación de dereitos de autor de música coreana, Suga ten máis de 60 cancións atribuídas ó seu nome como compositor e produtor, incluída "Wine", de Suran, que lle deu o premio de Tendencia musical do ano nos premios Melon de 2017.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ko) 민윤기 9 de marzo de 1993 (31 anos) Daegu, Corea do Sur |
Outros nomes | Agust D Suga |
Educación | Global Cyber University Apgujeong High School (en) |
Altura | 176 cm |
Peso | 59 kg |
Actividade | |
Ocupación | rapeiro, compositor de cancións, cantante, produtor musical |
Período de actividade | 2010 - |
Empregador | Exército da Coreia do Sul (pt) (2023–) |
Membro de | |
Xénero artístico | K-pop e Hip hop coreano |
Instrumento | Piano e voz |
Selo discográfico | Hybe Corporation |
Páxina web | ibighit.com… |
|
Traxectoria
editar1993–2010: Primeiros anos
editarMin Yoongi naceu o 9 de marzo de 1993 en Daegu, Corea do Sur.[1] O máis novo de dous irmáns, estudou na escola primaria Taejeon, na escola de educación media Gwaneum e no instituto de Secundaria Apgujeong.[2] Comezou a interesarse no rap despois de escoitar "Reggae Muffin" de Stony Skunk, coidando que era moi diferente de todo o que escoitara anteriormente. Despois de escoitar a Epik High decidiu converterse en rapeiro.[3]
Comezou a escribir letras e a aprender a traballar con MIDI cando tiña 13 anos. Con 17, traballaba a tempo parcial nun estudo de gravación. Dende entón comezou a compor e arranxar música, facer rap e a actuar.[1] Antes de formar parte de Big Hit, deuse a coñecer como rapeiro no mundo underground baixo o nome de Gloss.[4] Como parte da crew de hip-hop D-Town, en 2010 publicou a canción "518-062" en conmemoración da Revolta de Gwangju.[5]
BTS
editar- Artigo principal: BTS (grupo musical).
O seu nome artístico Suga (슈가) provén das primeiras sílabas do termo escolta (슈팅 가드), a posición que ocupaba cando xogaba ó baloncesto na súa época de estudante. Orixinalmente uniuse á comañía como produtor de música,[6] Suga adestrou con Big Hit Entertainment durante tres anos cos membros J-Hope e RM, debutando como membro de BTS no M Countdown da Mnet coa canción "No More Dream" incluída no seu álbum debut 2 Cool 4 Skool.[7] Suga produciu e escribiu as letras de varias cancións en tódolos álbums de BTS.
No ano 2018, foi galardoado coa Orde do Mérito Cultural Hwagwan de quinta clase polo Presidente de Corea do Sur a carón dos outros membros do grupo.[8]
Traballo en solitario
editarEn 2016, Suga adoptou o alcume Agust D, que vén das iniciais "DT", forma acurtada da súa cidade de nacemento "Daegu Town" (cidade de Daegu) e "Suga" escrito ó revés. O 15 de agosto publicou un mixtape de balde en SoundCloud co mesmo sobrenome.[9] Renunciou a publicar o proxecto coma un álbum de estudio comercial, ó describilo como "sentirse atrapado nalgún tipo de marco".[1] No álbum tratou temas tales como a súa loita coa depresión e coa fobia social.[10] Fuse TV nomeouno un dos mellores vinte mixtapes de 2016.[11]
En 2017 Suga compuxo a canción "Wine" para a cantante Suran con quen xa traballara anteriormente nunha canción do seu mixtape.[12] A canción acadou o número dous na lista dixital de Gaon e gañou o premio á tendencia musical ("Hot Trend" do ano nos premios de música Melon o 2 de decembro de 2017.[13]
Suga publicou de novo a seu mixtape en febreiro de 2018 en plataformas na rede para escoitar ou mercar de forma dixital.[14] O éxito da publicación foi tal que acadou o número tres na lista de álbums do mundo da Billboard, o número cinco na lista de álbums Heatseekers e o número 74 na lista de mellores vendas de álbums. Tamén provocou que Agust D, o alias de Suga en solitario, acadara o número 46 na lista de artistas emerxentes da Billboard na semana do 3 de marzo.[15]
Premios e nomeamentos
editarAno | Premios | Categoría | Traballo nomeado | Resultado | Ref. |
---|---|---|---|---|---|
2017 | Premios de música Melon | Tendencia musical | Suran (cantante) e Suga (produtor) por "Wine" do EP Walkin' | Gañador | [16] |
Discografía
editarMixtapes
editarTítulo | Detalle do álbum | Posición máis alta nas listas musicais | |
---|---|---|---|
US World |
US Heat | ||
Agust D[18] |
Lista
|
3 | 5 |
Cancións en lista
editarTítulo | Ano | Posición máis alta na lista | Vendas | Álbum | |
---|---|---|---|---|---|
Lista dixital Gaon |
US World | ||||
"Intro: The Most Beautiful Moment in Life"[21] | 2015 | 110 | — |
|
The Most Beautiful Moment in Life, Part 1 |
"First Love" | 2016 | 32 | 17 |
|
Wings |
Créditos de produción
editar2013
editarArtista | Álbum | Canción |
---|---|---|
BTS | 2 Cool 4 Skool | We Are Bulletproof Pt. 2 |
No More Dream | ||
I Like It | ||
O!RUL8,2? | N.O. | |
We On | ||
If I Ruled the World | ||
Coffee | ||
BTS Cypher Pt. 1 | ||
Attack on Bangtan | ||
Satoori Rap |
2014
editarArtista | Álbum | Canción |
---|---|---|
BTS | Skool Luv Affair | Intro: Skool Luv Affair |
Boy in Luv | ||
Where Did You Come From? | ||
Just One Day | ||
Tomorrow | ||
BTS Cypher Pt. 2: Triptych | ||
Jump | ||
Miss Right | ||
I Like It (Slow Jam Remix) | ||
Spine Breaker | ||
Dark & Wild | What Am I To You? | |
Danger | ||
War of Hormone | ||
Hip Hop Lover | ||
Let Me Know | ||
Rain | ||
BTS Cypher Pt.3: Killer ft. Supreme Boi | ||
What Are You Doing? | ||
Would You Turn off Your Cellphone? | ||
Blanket Kick | ||
24/7=Heaven | ||
Look Here | ||
2nd Grade | ||
Wake Up | The Stars | |
I Like It Pt. 2 | ||
Wake Up |
2015
editarArtista | Álbum | Canción |
---|---|---|
BTS | The Most Beautiful Moment in Life, Part 1 | Intro: The Most Beautiful Moment in Life |
I Need U | ||
Hold Me Tight | ||
Dope | ||
Boyz with Fun | ||
Converse High | ||
Moving On | ||
The Most Beautiful Moment in Life, Part 2 | Intro: Never Mind | |
Run | ||
Butterfly | ||
Whalien 52 | ||
My City | ||
Dead Leaves |
2016
editarArtista | Álbum | Canción |
---|---|---|
BTS | The Most Beautiful Moment in Life: Young Forever | Butterfly (Prologue Remix) |
Run (Ballad Mix) | ||
Run (Alternative Mix) | ||
Epilogue: Young Forever | ||
Fire | ||
Save Me | ||
Youth | Introduction: Youth | |
Good Day | ||
Wishing on A Star | ||
For You | ||
Agust D | Agust D | Intro: Dt sugA ft. DJ Friz |
Agust D | ||
Give It To Me | ||
Skit | ||
724148 | ||
140503 at dawn | ||
The Last | ||
Tony Montana | ||
Interlude; Dream, Reality | ||
So Far Away ft. Suran | ||
BTS | Wings | Blood Sweat & Tears |
First Love | ||
BTS Cypher Pt. 4 | ||
Two! Three! | ||
Interlude: Wings |
2017
editarArtista | Álbum | Canción |
---|---|---|
BTS | You Never Walk Alone | Spring Day |
Outro: Wings | ||
A Supplementary Story: You Never Walk Alone | ||
Suran | Walkin' | Wine |
BTS | Love Yourself: Her | DNA |
Best of Me | ||
Pied Piper | ||
Outro: Her | ||
Sea |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Park, Han-bit (7 de outubro de 2016). Grazia Korea, ed. "방탄소년단의 슈가, 민윤기, 혹은 Agust D" (en coreano). Seoul Media Group. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2018. Consultado o 19 de xaneiro de 2018.
- ↑ Jang, Eun-kyung (30 de abril de 2015). "[더스타프로필] 방탄소년단 슈가 "민피디는 음악장비를 수집합니다"". The Star (en coreano). Chosun Ilbo Company. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2017. Consultado o 19 de xaneiro de 2018.
- ↑ 박, 수정 (15 de outubro de 2013). "방탄소년단, 네 꿈은 뭐니? (인터뷰)". Tenasia (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2017. Consultado o 20 de outubro de 2018.
- ↑ Park, Su-jeong (19 de agosto de 2014). "기다렸다, 방탄소년단① 정규 1집이 되기까지 일곱 소년의 성장기 –데뷔 전". 10asia (en coreano). Korea Entertainment Media. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2018. Consultado o 19 de xaneiro de 2018.
- ↑ Han, Mi-rae (12 de novembro de 2015). "방탄소년단 슈가가 고2때 만든 5ㆍ18노래 화제". Seoul Economy Daily (en coreano). Naver. Consultado o 19 de xaneiro de 2018.
- ↑ "방탄소년단(BTS) "팬들이 함께 노래부르는 모습, 최고의 행복" (풀영상) / SBS" (en coreano). SBS News. 3 de xuño de 2018. Consultado o 3 de xuño de 2018.
- ↑ Bennett, Colette (12 de maio de 2016). "How BTS is changing K-pop for the better". dailydot. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2018. Consultado o 19 de xaneiro de 2018.
- ↑ "'대중문화예술상' BTS, 문화훈장 화관 최연소 수훈...유재석부터 故 김주혁까지 '영광의 얼굴들' (종합)" (en coreano). Consultado o 25 de outubro de 2018.
- ↑ Kim, Ji-ho (17 de agosto de 2016). "[Starcast] "My name is, AgustD"... 'Suga' to rap about the real Min Yoon-ki". Naver Starcast (Naver). Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2019. Consultado o 19 de xaneiro de 2018.
- ↑ Billboard, ed. (16 de agosto de 2016). "BTS' Suga Addresses Depression & Cost of Fame on 'Agust D' Mixtape". Nielsen Holdings. Consultado o 19 de xaneiro de 2018.
- ↑ Benjamin, Jeff (16 de decembro de 2016). "The 20 Best Mixtapes of 2016". Fuse. Consultado o 19 de xaneiro de 2018.
- ↑ "수란 "데뷔 첫 음원 1위 감격..슈가·창모에 무한 감사"" [Sura "I am deeply impressed by the first record of my debut .. Thanks to Sugar and Changmo forever] (en coreano). Naver. 27 de abril de 2017. Consultado o 19 de xaneiro de 2018.
- ↑ *"국내 대표 음악 차트 가온차트!". gaonchart.co.kr. Consultado o 19 de xaneiro de 2018.
- "2017 Top 10 Artists". Melon. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2017. Consultado o 9 de xuño de 2017.
- ↑ Jones, Alan (26 de febreiro de 2018). Music Week, ed. "International Charts Analysis: Black Panther OST comes charging out of the blocks". Consultado o 1 de marzo de 2018.
- ↑ 15,0 15,1 Agust D Billboard charts:
- "Emerging Artists". Billboard. Archived from the original on 24 de xuño de 2018. Consultado o March 1, 2018.
- "Heatseekers Albums". Billboard. Archived from the original on 09 de maio de 2018. Consultado o March 1, 2018.
- "World Albums". Billboard. Archived from the original on 26 de maio de 2018. Consultado o March 1, 2018.
- "Top Album Sales". Billboard. Archived from the original on 13 de maio de 2018. Consultado o March 5, 2018.
- ↑ Sports Seoul, ed. (2-12-2017). "방탄소년단 슈가·수란, 핫 트렌드 상 수상" (en coreano). Consultado o 19-1-2018.
- ↑ Agust D Billboard charts:
- Billboard (ed.). "Emerging Artists". Archived from the original on 01-02-2018. Consultado o 1-3-2018.
- Billboard (ed.). "Heatseekers Albums". Archived from the original on 29-04-2018. Consultado o 1-3-2018.
- Billboard (ed.). "World Albums". Archived from the original on 09-03-2018. Consultado o 1-3-2018.
- Billboard (ed.). "Top Album Sales". Archived from the original on 09-03-2018. Consultado o 5-3-2018.
- ↑ soundcloud (ed.). "Agust D". Soundcloud (en inglés). Consultado o 19-1-2018.
- ↑ Korea Music Content Industry Association (ed.). "2016년 42주차 Digital Chart". Gaon Music Chart (en coreano). Consultado o 19-1-2018.
- ↑ Billboard, ed. (29-10-2016). "World Digital Songs". Arquivado dende o orixinal o 17-05-2017. Consultado o 19-1-2018.
- ↑ Aínda que baixo o nome BTS, a intro é de Suga."INTRO: 화양연화 The Most Beautiful Moment In Life". genius.com. Consultado o 19-1-2018.
- ↑ Intro: The Most Beautiful Moment In Life Sales:
- "2015 Gaon Download Chart – Week 19". Gaon Music Chart (en coreano). Consultado o 2018-01-19.
- "2015 Gaon Download Chart – Week 20". Gaon Music Chart (en coreano). Consultado o 2018-01-19.
- ↑ Vendas de "First Love":
- "2016년 10월 Download Chart". Gaon Music Chart (en coreano). Korea Music Content Industry Association. Consultado o 2018-01-19.
- "2017년 07주차 Download Chart". Gaon Music Chart (en coreano). Korea Music Content Industry Association. Consultado o 2018-01-19.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Suga |
Ligazóns externas
editar- Páxina de BTS (en inglés)