System of a Down
System of a Down (denominada habitualmente SOAD ou System) é unha banda estadounidense de metal alternativo formada nos Ánxeles (California) en 1994. Está composta por Serj Tankian (voz), Daron Malakian (guitarra/voz), Shavo Odadjian (baixo) e John Dolmayan (batería), sendo os catro de ascendencia armenia.
System of a Down | |
---|---|
Orixe | Os Ánxeles, California, Estados Unidos |
Período | 1995 - 2006 2011 |
Xénero(s) | metal alternativo, rock progresivo, hard rock, rock experimental |
Selo(s) discográfico(s) | Sony BMG |
Membros | Serj Tankian Daron Malakian Shavo Odadjian John Dolmayan |
Antigos membros | Andy Khachaturian |
Artistas relacionados | Scars on Broadway, The F.C.C., Mt. Helium, AcHoZeN |
Na rede | |
www.systemofadown.com/ | |
A banda editou cinco álbums de estudio; tres dos cales estreáronse no número 1 da lista Billboard 200. System of a Down foi nomeado para catro Grammy, e gañou o premio á mellor actuación hard rock no 2006, polo tema "B.Y.O.B.". O 13 de agosto dese ano o grupo entrou nun hiato indefinido, pero anunciou unha reunión o 29 de novembro do 2010, realizando varios concertos en festivais europeos o ano seguinte. A xira de reunión continuou a través de Norteamérica e Suramérica con varias datas anunciadas ao longo dese verán.
Historia, estilos e influencias
editarTrátase dun dos grupos máis intelixentes e creativos da escena do Alternative Metal norteamericano. Todas as etiquetas quédanse curtas para definir System of a Down. Metal, Hard core, hip hop, gótico, folclore armenio e ritmos étnicos enlázanse dunha maneira sorprendente e absolutamente innovadora na música do cuarteto dos Ánxeles. Hai que engadir ademais as súas potentes liñas melódicas e as súas letras cargadas de poesía e de comentarios políticos e sociais. En 1993, Serj Tankian e Daron Malakian coincidiron nun estudo de gravación. Ambos compartían as mesmas ideas e as mesmas orixes armenias e decidiron unir os seus talentos musicais. Daquel encontro naceu un grupo -inicialmente chamado Soil- coa intención de demostrar ó mundo que aínda quedan cousas novas que facer no mundo da música. A formación quedou completa con Shavo Odadjian, un amigo e seareiro que decidiu tocar o baixo, e o batería John Dolmayan. Unha maqueta con tres temas fíxoos populares nos ambientes heavys californianos e Rick Rubin (o produtor de Slayer, Red Hot Chili Peppers, Danzig e os Beastie Boys) decidiu fichalos para o seu selo American Recordings. As súas expectativas non se viron defraudadas, xa que a fórmula social e musical deulles, dende o lanzamento do seu primeiro álbum, en 1998, un considerábel éxito, tanto de público, que fixo de System of a Down disco de platino, como dos críticos musicais. O seu segundo álbum, Toxicity, lanzounos internacionalmente e consagrounos como unha banda orixinal e transgresora. Non defraudou o seu terceiro traballo, Steal this álbum!, que seguía a liña do grupo sen deixar de ser orixinal. No 2005 sacan dous traballos, que en realidade trátase dun disco dobre: Mezmerize e Hypnotize. Estes dous álbums están tan vencellados entre si, que os seus dous títulos mesmo son sinónimos: significan "hipnotizar".
Foi elixida a mellor banda alternativa de rock nos MTV Awards celebrados en Lisboa. En maio do 2006 anunciaron que farían unha paréntese duns cantos anos, pero desmentiron que se fosen separar.
Reunión
editarO 29 de novembro do 2010 System of a Down anunciou oficialmente que se reuniría para tocar en varios festivais europeos en xuño do 2011. Entre estes incluíanse o Download Festival británico, Greenfield Festival en Suíza, os alemáns Rock am Ring/Rock im Park, o sueco Metaltown, o austríaco Nova Rock Festival e o finés Provinssirock.
Membros
editarMembros actuais
editar- Serj Tankian: Vocalista , teclista e guitarrista.
- Daron Malakian: Guitarrista e Vocalista.
- Shavo Odadjian: Baixista e Vocalista.
- John Dolmayan: Batería.
Antigos membros
editar- Andy Khachaturian: Batería.
Discografía
editar- System of a Down, 30 de xuño de 1998, #124 U.S.A.
- Toxicity, 4 de setembro do 2001, #1 U.S.A., #13 R.U., #1 Canadá
- Steal This Album!, 26 de novembro do 2002, #15 U.S.A., #56 R.U.
- Mezmerize, 17 de maio do 2005, #1 U.S.A., #2 R.U., #1 Australia, #1 Canadá, (1ª parte de 'Mezmerize/Hypnotize' disco duplo)
- Hypnotize, 22 de novembro do 2005, #1 U.S.A., #11 R.U., #1 Canadá, #3 Australia, (2ª parte de 'Mezmerize/Hypnotize' disco duplo)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: System of a Down |