Tau
letra do alfabeto grego
Tau é a décimo novena letra do alfabeto grego (ταῦ); equivale ao /t/. Minúscula τ, maiúscula Τ. Adoita transcribirse como t. Provén da letra do alfabeto fenicio tāw . Como signo numérico representaba o trescentos. En maiúscula serve tamén para designar o décimo noveno canto da Ilíada de Homero e en minúscula o décimo noveno da Odisea.