Taxi Driver
Taxi Driver é un filme estadounidense de 1976 dirixido por Martin Scorsese e escrito por Paul Schrader. O filme está ambientado en Nova York, pouco despois de que terminase a guerra de Vietnam, e está protagonizado por Robert De Niro, quen interpreta a Travis Bickle, un ex-combatente solitario e mentalmente inestable que comeza a traballar como taxista, incorporándose á turbia vida nocturna da cidade.
Taxi Driver | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Taxi Driver |
Director | Martin Scorsese |
Produtor | Julia Phillips Michael Phillips |
Guión | Paul Schrader |
Intérpretes | Robert De Niro Jodie Foster Albert Brooks Harvey Keitel Leonard Harris Peter Boyle Cybill Shepherd |
Música | Bernard Herrmann |
Fotografía | Michael Chapman |
Montaxe | Marcia Lucas (supervisor) Tom Rolf Melvin Shapiro |
Estudio | Bill/Phillips Italo/Judeo Productions |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 1976 |
Duración | 113 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $1.300.000[1] |
Recadación | $28.262.574[2] |
Na rede | |
Sinopse
editarPara soportar o insomnio crónico que sofre dende o seu regreso de Vietnam, Travis Bickle (Robert De Niro) traballa como taxista nocturno en Nova York. É un home pouco sociable que apenas ten contacto cos demais, pasa os días nos cines para adultos e vive obsesionado con Betsy (Cybill Shepherd), unha atractiva loira que traballa como voluntaria nunha campaña política. Tras estragar a súa incipiente relación con Betsy, Travis non pode menos que seguir observando como a violencia, a sordidez e a desolación se apoderan da cidade, polo que un día decide pasar á acción.
Personaxes
editar- Robert De Niro como Travis Bickle
- Jodie Foster como Iris "Easy" Steensma
- Albert Brooks como Tom
- Harvey Keitel como Matthew "Sport" Higgins
- Leonard Harris como Senador Charles Palantine
- Peter Boyle como "Wizard"
- Cybill Shepherd como Betsy
- Harry Northup como Doughboy
- Martin Scorsese como Pasaxeiro que olla a silueta
- Victor Argo como Melio
Galardóns e nomeamentos
editar- 1976: 4 nomeamentos ó Oscar: Filme, actor (Robert De Niro), actriz secundaria (Jodie Foster) e música.
- 1976: Festival de Cannes: Palma de Ouro - mellor filme.
- 1976: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Actor en drama (De Niro) e guión.
- 1976: 3 premios BAFTA: Secundaria (Foster), revelación (Foster) e música.
Notas
editar- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Taxi Driver (1976)". Box Office Mojo. Consultado o 23 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en TCM (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)