The Moody Blues
The Moody Blues foi unha banda inglesa de rock formada en Birmingham en 1964, composta inicialmente polo teclista Mike Pinder, o multiinstrumentista Ray Thomas, o guitarrista Denny Laine, o batería Graeme Edge e o baixista Clint Warwick. O grupo fíxose famoso tocando rhythm and blues. Fixeron algúns cambios na formación, pero establecéronse con Pinder, Thomas, Edge, o guitarrista Justin Hayward e o baixista John Lodge, estando xuntos a meirande parte da "etapa clásica" da banda ata principios da década dos 70. Edge foi o único membro constante durante toda a historia de The Moody Blues.
The Moody Blues | |
---|---|
The Moody Blues en 1970 | |
Orixe | Birmingham, Inglaterra |
Período | 1964 - 1974 1977 - 2018 |
Xénero(s) | rock progresivo, art rock, psicodelia, pop rock, rock sinfónico, proto-prog, R&B |
Selo(s) discográfico(s) | Decca, London, Rocket, Deram, Threshold, A.K.A., Polydor, Universal |
Antigos membros | Graeme Edge Denny Laine Mike Pinder Ray Thomas Clint Warwick Rodney Clark Justin Hayward John Lodge Patrick Moraz |
Na rede | |
moodybluestoday.com | |
O seu segundo álbum, Days of Future Passed, que foi editado en 1967, era unha fusión de rock con música clásica que estableceu á banda como pioneira no desenvolvemento do art rock e o rock progresivo.[1][2] O disco foi descrito como un "fito" e "un dos primeiros álbums conceptuais exitosos".[1] O grupo xirou moito a principios dos anos 70, e despois estivo en hiato dende 1974 ata 1977. O fundador Mike Pinder deixou a banda un ano despois de reformarse e foi substituído polo teclista suízo Patrick Moraz en 1978. Na seguinte década abrazaron un son máis synth-pop e produciron The Other Side of Life en 1986, o que os converteu no primeiro artista en gañar cada un dos seus primeiros tres sinxelos no top 10 estadounidense en diferentes décadas.[3] Os problemas de saúde reduciron o papel do fundador Ray Thomas ao longo da década de 1980, aínda que as súas contribucións musicais recuperáronse despois da marcha de Moraz en 1991. Thomas marchou da banda en 2002 e morreu pouco despois de que The Moody Blues dose incluída no Rock and Roll Hall of Fame en 2018.
O derradeiro traballo da banda foi o álbum de Nadal December (2003), tras o cal decidiron non volver a gravar máis álbums de estudio.[4] Porén, contnuaron xirando durante esa década e posteriormente reuníronse periodicamente para eventos, concertos únicos, pequenas xiras e cruceiros, ata a retirada de Edge en 2018, morrendo en 2021.[5]
Entre os sinxelos máis exitosos de The Moody Blues están "Go Now", "Nights in White Satin", "Tuesday Afternoon", "Question", "Gemini Dream", "The Voice", "Your Wildest Dreams" e "I'm Just a Singer (In a Rock and Roll Band)". A banda vendeu uns 70 millóns de álbums en todo o mundo,[6] conseguindo 18 discos de platino e ouro.
Discografía
editarÁlbums
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Magnificent Moodies | 1965 | Decca Records |
Days of Future Passed | 1967 | Deram Records |
In Search of the Lost Chord | 1968 | Deram Records |
On the Threshold of a Dream | 1969 | Deram Records |
To Our Children's Children's Children | 1969 | Threshold Records |
A Question of Balance | 1970 | Threshold Records |
Every Good Boy Deserves Favour | 1971 | Threshold Records |
Seventh Sojourn | 1972 | Threshold Records |
Octave | 1978 | Decca Records |
Long Distance Voyager | 1981 | Threshold Records |
The Present | 1983 | Threshold Records |
The Other Side of Life | 1986 | Threshold Records/Polydor Records |
Sur la Mer | 1988 | Polydor Records |
Keys of the Kingdom | 1991 | Threshold Records/Polydor Records |
Strange Times | 1999 | Polydor Records |
December | 2003 | Universal Music Group |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Disco, punk, new wave, heavy metal, and more : music in the 1970s and 1980s (1st ed ed.). New York: Britannica Educational Pub. 2013. p. 107. ISBN 978-1-61530-912-2. OCLC 823730082.
- ↑ "Readers' Poll: 10 Bands Who Should Enter the Rock and Roll Hall of Fame in 2014". Rolling Stone. 2015-09-24. Archived from the original on 24 de setembro de 2015. Consultado o 2022-12-09.
- ↑ Grein, Paul (26 de xullo de 1986). "Chart Beat". Billboard. p. 6.
- ↑ Music, Roger Wink, VVN (2016-03-02). "Justin Hayward Says No More Moody Blues Albums". Noise11.com (en inglés). Consultado o 2022-12-09.
- ↑ "Graeme Edge Passing". The Moody Blues (en inglés). 2021-11-11. Consultado o 2022-12-09.
- ↑ Parker, Matt (2013-07-25). "Justin Hayward on The Moody Blues and writing in corners". MusicRadar (en inglés). Consultado o 2022-12-09.