The Piano
The Piano é unha longametraxe dirixida por Jane Campion que foi estreada en 1993. O filme foi escrito e dirixido por Jane Campion, e protagonizado por Holly Hunter, Harvey Keitel, Sam Neill e Anna Paquin. A banda sonora do filme foi interpretada por Michael Nyman e converteuse nun éxito de vendas. Hunter tocou as cancións nas súas escenas, e tamén lle deu clases de piano a Paquin. O filme foi rodado en inglés, maorí e en lingua de sinais.
The Piano | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Piano |
Director | Jane Campion |
Produtor | Jan Chapman |
Guión | Jane Campion |
Intérpretes | Holly Hunter Anna Paquin Harvey Keitel Sam Neill Kerry Walker Genevieve Lemon Tungia Baker Eru Potaka-Dewes Cliff Curtis |
Música | Michael Nyman |
Fotografía | Stuart Dryburgh |
Montaxe | Veronika Jenet |
Estudio | Australian Film Commission |
Distribuidora | Ciby 2000 |
Estrea | 1993 |
Duración | 121 minutos |
Orixe | Nova Zelandia Australia Francia |
Xénero | Drama |
Orzamento | $7 000 000 |
Recadación | $140 000 000 |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/the-piano | |
Sinopse
editarThe Piano conta a historia dunha muller escocesa, Ada McGrath (Holly Hunter), cuxo pai a vende en matrimonio a un home, Alistair Stewart (Sam Neill), e é enviada xunto coa súa nova filla Flora (Anna Paquin) e o seu piano a vivir con el a Nova Zelandia. Ada é muda, e non dixo unha palabra dende hai anos, substituíndo a súa voz pola música do piano, mentres que a súa filla lle serve de tradutora na súa comunicación a través da lingua de sinais.
Ada e Flora chegan a Nova Zelandia, sendo abandonadas xunto coas súas pertenzas pola tripulación do barco no que chegaron dende Escocia. O seu novo marido obriga a Ada a deixar o piano na praia, sendo logo vendido a George Baines (Harvey Keitel). A partir de aquí, comeza unha relación entre Ada e George, que marcará o devir da historia.
Premios
editar- 1993: 3 Premio Oscar: Mellor actriz (Hunter), actriz secundaria (Paquin), guión orixinal. 8 Nomeamentos.
- 1993: Globo de Ouro: Mellor actriz drama (Holly Hunter). 6 Nomeamentos.
- 1993: 3 premios BAFTA: Actriz (Hunter), montaxe, vestiario. 10 Nomeamentos.
- 1993: 2 premios no Festival de Cannes: Palma de Ouro, mellor actriz (Hunter).
- 1993: Cesar: Mellor película estranxeira.
- 1993: National Board of Review: Mellor actriz (Holly Hunter).
- 1993: 3 premios Círculo de críticos de Nova York: Actriz (Hunter), director, guión.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)