Tin Toy
Tin Toy é unha curtametraxe de animación de Pixar que foi estreada en 1988.
Tin Toy | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | John Lasseter |
Produtor | Bill Reeves |
Guión | John Lasseter |
Música | David Slusser |
Estudio | Pixar |
Distribuidora | Pixar |
Estrea | 2 de agosto de 1988 |
Duración | 5 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Orzamento | $300 000 [1] |
Na rede | |
https://www.pixar.com/tin-toy | |
Sinopse
editarTin Toy é un xoguete acabado de mercar que chega a unha casa, onde ve a un bebé que comeza a romper xoguetes. O bebé ve a Tin Toy e vai a por el. Asustado, Tin Toy empeza a correr por toda a sala fuxindo do bebé ata que se agocha debaixo do sofá, onde hai moitos outros xoguetes que coma el se agochan do cativo. Cando o bebé empeza a chorar, Tin Toy sente compaixón, sae do seu agocho e deixa que xogue con el. O bebé colle a Tin Toy e axítao no aire, pero axiña deixa de xogar con el e ponse a rebeirar coa caixa na que viña Tin Toy. Ofendido, Tin Toy anóxase co bebé porque non lle fai caso.
Notas
editar- ↑ "Steve Jobs 19". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 27 de decembro de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial (en inglés)
- Tin Toy na IMDb (en inglés)
- Tin Toy na Big Cartoon DataBase (en inglés)
Predecesor: Red's Dream |
Curtametraxes de Pixar Animation Studios 1988 |
Sucesor: Knick Knack |