Tino Casal
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
José Celestino Casal Álvarez, máis coñecido como Tino Casal, nado en Tudela-Veguín o 11 de febreiro de 1950 e finado en Aravaca (Madrid) o 22 de setembro de 1991, foi un cantante e compositor da movida madrileña da década dos 80.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Celestino Casal Álvarez 11 de febreiro de 1950 Veguín, España |
Morte | 22 de setembro de 1991 (41 anos) Madrid, España |
Causa da morte | accidente de tráfico |
Outros nomes | Casal |
Actividade | |
Ocupación | cantautor |
Período de actividade | 1963 - |
Xénero artístico | Glam rock |
Selo discográfico | EMI |
Premios | |
| |
Páxina web | tinocasal.com |
A etapa pre-Neocasal
editarEn 1963, con só 13 anos, o asturiano comezou na música co grupo Los Zafiros Negros. Continuou a súa carreira musical en Los Archiduques co disco No le Ames/Lamento de gaitas (1967), no que foron pioneiros en fusionar música celta con rock, e co disco Dimensión En Sol Mayor/Quiero Volar Muy Alto (1968).
Tras abandonar "Los Archiduques", deixou o mundo da música para dedicarse á pintura e escultura, con escaso éxito, pero demostrando non obstante un gran talento no que se reflectía claramente a súa estética e personalidade altamente vangardista. De feito esta actividade levouna a cabo ó longo da súa vida conxuntamente coa súa carreira musical e cuns resultados impresionantes e máis valorados hoxe en día que no seu momento.
En 1977 comeza a súa carreira como cantante solista, presentándose ó Festival de Benidorm, onde colleitou un enorme éxito na súa edición de 1978.
En 1977 e 1978 edita dous singles coa firma Philips, "Olvidar, Recordar/Dam, Dam" (1977) e "Emborráchate/Besos, Caricias" (1978).
Decide volver como produtor musical a finais dos 70, producindo a diversos grupos, entre eles "Goma de Mascar" e "Tacones·.
Primeira metade dos 80
editarEn 1981 publica o seu primeiro LP en solitario, Neocasal. Este disco, o primeiro dos que realizaría en colaboración con Julián Ruiz. Contaba con éxitos memorables da Movida como "Champú de Huevo" ou "Billy Boy". Dentro deste disco inclúense tamén dúas versións: "¿Vida en Marte?", versión de "Life on Mars?" de David Bowie, e "Blanca estancia", versión de "White Room" de Bowie e Pete Brown.
Este primeiro traballo obtivo un éxito rotundo de público, ó mesmo tempo que colleitaba malas críticas.
Dous anos máis tarde, en 1983, publicaba Etiqueta Negra, disco paradigmático do estilo entolecido, plástico e sensualmente glam rock que caracteriza toda a obra de Casal. Este traballo inclúe un dos maiores éxitos da súa carreira, "Embrujada", e outros grandes temas como "Póker para un perdedor" ou "Los pájaros". Etiqueta negra foi de novo un éxito de vendas.
En 1984 reedítase o disco Etiqueta Negra, que inclúe a canción "Tigre Bengalí", realizada para a película Sal Gorda de Fernando Trueba.
O seguinte disco, de 1984, é Hielo Rojo. O retrouso dunha das cancións incluídas neste disco,"'Pánico en el edén", serviría como banda sonora oficial para a retransmisión de TVE da Vuelta Ciclista a España. A Vuelta Ciclista a España en 1987 tamén tería a súa banda sonora oficial co tema "Oro Negro", extraído do álbum Lágrimas de cocodrilo.
Posteriormente á publicación deste disco, no verán de 1985, Tino Casal sofre unha escordadura de nocello nun concerto na sala Pachá de Valencia, en plena xira. Desoíndo as recomendacións dos médicos que o atenden, Tino segue de xira durante dous meses, automedicándose con antiinflamatorios e analxésicos, ata que ten que ser hospitalizado ó bordo da morte por causa dunha necrose. Ó parecer, o exceso de antiinflamatorios provocara unha descalcificación que dexenerou en necrose da cabeza do fémur. Chegou incluso a temerse que se estendese ós riles de forma irrecuperable, pero afortunadamente non foi así. A súa convalecencia foi longa e dolorosa, obrigándoo a permanecer en cama ou en cadeira de rodas durante meses.
A raíz desta tempada convalecente, a rumoroloxía popular cebouse con el, chegando a circular rumores de que o artista sofre SIDA (os propios médicos tardaron en descartar esa posibilidade debido ó avanzado da infección). Estes rumores tamén ían acompañados cos da presunta homosexualidade de Tino, pese a ter parella estable, coñecida como Pepa, desde 1973.
O regreso
editarDespois da enfermidade, o cantante permanece desaparecido da escena musical ata 1987, cando publica o que para moitos constitúe o seu mellor álbum, Lágrimas de cocodrilo. Neste disco inclúese o seu maior éxito, "Eloise", tema gravado nos estudios Abbey Road de Londres, coa colaboración da Orquestra Philarmónica de Londres, baixo a dirección de Andrew Powell (arranxador colaborador de Alan Parsons Project). Este tema é unha versión remota dunha canción de Barry Ryan, composta por Paul Ryan, (En 1986 The Damned versionara esta canción con ritmos máis rockeiros) que o propio Casal xa versionara na súa primeira época con Los Archiduques.
Histeria, publicado en 1990, supón o último disco da súa carreira. Non foi un éxito rotundo como Lágrimas de cocodrilo ou Hielo Rojo, pero supón un digno traballo. Destacan neste disco dúas versións: "Tal como soy", versión de "Killing me softly with this song" de Roberta Flack e "No fuimos héroes", versión de "Don´t you want me" de Human League.
Morte e obras póstumas
editarUn ano despois, o 22 de setembro de 1991, Tino Casal regresa de madrugada dunha festa na discoteca Ática, nun Opel Corsa branco pola estrada M-500 en Aravaca, Madrid. O vehículo era conducido polo seu amigo Antonio, pintor, que perde o control do mesmo ó tomar unha curva con exceso de velocidade, estrelándose contra unha das farolas que bordean a estrada. Casal foi o único falecido dos catro acompañantes que ían con el, estando sentado no asento dereito dianteiro.
Ese mesmo ano publícase unha recompilación dos seus maiores éxitos, titulado Grandes éxitos (Etiqueta negra). Este disco, no que Casal estaba traballando, foi publicado de manera póstuma.
Existe unha posterior recompilación de grandes éxitos, do ano 2000, baixo o título de Casal Vive.
A cantante Alaska fixo unha versión do tema "Bailar hasta morir" xunto a Madelman.
O músico asturiano Víctor Blanco fixo unha versión electrónica do tema "Tigre Bengalí".[1]
A finais dos 90, Juan Belmonte e Abel Arana (formando o grupo Pumpin´ Dolls), fixeron remesturas dos temas Eloise, Stupid Boy, Champú de huevo, Embrujada e Miel en la nevera.
En 2003 o director asturiano José Antonio Quirós produciu unha longametraxe documental chamada Gran Casal me como el mundo, onde se narra a obra e vida artística de Casal, da man dos seus amigos máis achegados e parientes, así como os aspectos menos coñecidos da súa vida.
En 2006 editouse un recompilatorio chamado Casal Único, que presenta toda a súa obra musical con material inédito en dous CD e un DVD con algunhas actuacións e vídeos musicais.
O 4 de novembro de 2006 o grupo Atalis homenaxea en Madrid a Tino Casal no 15 cabodano do seu pasamento cun concerto en directo presentando os 15 temas do seu traballo desTINO CASuAL, composto por algunhas das cancións máis relevantes da discografía do músico asturiano.
No 2007 Marta Sánchez, na súa produción Miss Sánchez, inclúe unha versión de "Embrujada". A versión é modernizada con ritmos electrónicos sen deixar de lado a esencia da canción. Así, tamén inclúe unha parte (a primeira estrofa) coa voz de Tino, así como algúns coros, ambas partes rescatadas das gravacións orixinais de Casal.
Tamén no 2007, o grupo Stravaganzza (composto por Leo Jimenez, ex Saratoga, Pepe Herrero, Patricio Babasasa e Carlos Expósito) no seu terceiro disco (Tercer Acto. Requiem) inclúe como bonus-track unha versión da canción que encumbrou a Tino Casal, "Eloise".
O 30 de xuño de 2007 realizouse unha homenaxe a Tino Casal na súa vila natal coa colaboración de amigos, admiradores e familiares, incluíndo a proxección dunha película sobre a súa vida.
Discografía
editarLp's
editar- NeoCasal (1981)
- Etiqueta negra (1983)
- Hielo rojo (1984)
- Lágrimas de cocodrilo (1987)
- Histeria (1990)
- Grandes Éxitos (Etiqueta negra) (1991)
- Casal vive (2000)
- Casal Remixes (2001)
- Casal Único (2006)
Documentais
editar- Casal Único, dirixido por Cayetano García e producido por CICE.
Notas
- ↑ "Victor Blanco - Tigre Bengali[ version Tino Casal". hispasonic.com (en castelán). 17 de maio de 2005. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2007. Consultado o 10 de setembro de 2007.
Véxase tamén
editar- Navarro Asensio, Pep; Beizana Vigo, Miriam. Tino Casal. Tal como fue (en castelán). Autopublicado. ISBN 978-1530801527.