Toarciano
O Toarciano é unha división da escala temporal xeolóxica, a última idade ou piso do Xurásico Inferior, primeira época do período Xurásico. Esta idade esténdese de 182,7 ± 0,7 até 174,1 ± 1,0 millóns de anos atrás, aproximadamente.[1] O Toarciano sucede o Pliensbaquiano e precede o Aaleniano do Xurásico Medio.
Notas
editar- ↑ Cohen, K. M.; Finney, S.; Gibbard, P. L. e Fan, J. X. (2015). "International Chronostratigraphic Chart" (en inglés). Comisión Estratigráfica Internacional. Consultado o 6 de abril de 2016.