Ulex
Para ver a especie máis común en Galicia ver o artigo toxo arnal
Toxos (xénero Ulex) | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Toxo en flor | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Ver no texto |
Toxo é o nome común que reciben as especies do xénero Ulex; un xénero de arredor de 20 especies de arbustos perennes da familia Fabaceae, nativos da Europa occidental atlántica e do norte de África, coa maioría das especies na Península Ibérica, e concretamente en Galicia.
A especie máis espallada é o toxo arnal (Ulex europaeus), que medra en sitios asollados, e solos areentos, acadando unha altura de até 2-3 metros. As flores, chamadas chorimas ou choridas, teñen un forte recendo a coco. Considérase a flor nacional de Galicia. A semente recibe o nome de nabía de toxo.
En lugares coma América do Norte, América do Sur, Nova Zelandia e Australia introduciuse coma planta ornamental. Nalgunhas zonas naturalizouse polo que se considera especie invasora.
Especies
editar- Ulex argenteus
- Ulex australis
- Ulex boivinii
- Ulex borgiae
- Ulex canescens
- Ulex cantabricus
- Ulex densus
- Ulex eriocladus C. Vicioso, (endemismo ibérico)
- Ulex europaeus, toxo arnal, toxo común, toxo.
- Ulex gallii, toxo femia
- Ulex genistoides
- Ulex micranthus, (endemismo galego)
- Ulex minor, toxo gateño, toxo molar
- Ulex parviflorus
Galicia
editarEspecies
editarEn Galicia aparecen catro especies principalmente:
- Ulex europaeus, toxo arnal, toxo bravo ou toxo albar.
- Ulex gallii, toxo femia, máis espiñento (aínda que as espiñas son un pouco máis pequenas, até 3 cm) e baixo que o anterior e probabelmente o máis frecuente de Galicia, xa que ten maiores límites de tolerancia que o toxo bravo, medrando desde os solos húmidos das brañas até os solos máis secos, e dende o nivel do mar até os 1500m.
- Ulex minor, toxo gateño ou toxo molar, máis termófilo, e con máis peluxe que os anteriores, con espiñas un pouco máis miúdas (até 2 cm). Atópase en todo o territorio agás nas zonas máis mediterráneas.
- Ulex micranthus, toxo brañego, termófilo e menos frecuente, sendo endemismo do sur de Galicia e norte de Portugal, tendo o seu límite setentrional na cidade de Pontevedra. É o máis pequeno dos toxos galegos, pois apenas acada os 80 cm, as súas espiñas chegan a 1 cm e posúe pólas curvas. Tamén chamado Ulex lusitanica, aínda que un nome máis correcto sería Ulex gallaica.
Etnoloxía
editarO toxo servía coma alimento do gando, coma estrume e tamén para roxar o forno. A parte lígnea, moi dura, servía tamén coma combustíbel nas cociñas de leña e nas lareiras. Tamén para facer os caxatos (cos que tamén se xogaba á choca).
Refráns
editar- Ser coma un toxo arnau, ser áspero no trato. (Salvaterra de Miño).
- Todo é toxo e por rozar, non hai onde escoller. (Viveiro).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ulex |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ulex |