Unicontos
Unicontos | |||||
---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||
| |||||
Supergrupos | |||||
Os unicontos ou Unikonta son un grupo de eucariotas propostos por Thomas Cavalier-Smith, que tipicamente teñen células cun só flaxelo ou con ningún (formas ameboides).[1][2] É un dos dous grandes clados nos que se dividen os eucariotas; o outro son os Bikonta. Os Unikonta comprenden os grupos dos Amoebozoa, e os Opisthokonta (animais, fungos e formas relacionadas).[3][4]
A seguiente árbore filoxenética mostra as relacións entre os principais grupos de Eukarya de acordo coas ideas de Cavalier-Smith.[2][5]
Eukarya [A] |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lenda: [A] Eukarya ancestral heterótrofo uniflaxelado e unicentriolar; mitocondrias con cristas tubulares. [B] Biflaxelado ancestral. [C] Fusión de xenes DHFR-TS. [D] Fusión tripla de xenes da biosíntese da pirimidina. [E] Alvéolos corticais. [F] Adquisición de cloroplastos por endosimbiose secundaria cunha alga verde (clasificada dentro de Viridiplantae). [G] Flaxelo posterior e mitocondrias con cristas planas. [H] Inserción de EF1-alfa. [I] Aparición dos cloroplastos por endosimbiose primaria cunha cianobacteria. [J] Adquisición de cloroplastos por endosimbiose secundaria cunha alga vermella (Rhodophyta). [K] Inserción de poliubiquitina. [L] Suco de alimentación ventral. [M] Pelos tubulares en flaxelos, e plastos dentro do retículo endoplasmático rugoso.
Características
editarOs Unikonta presentan unha tripla fusión nos xenes para a síntese das pirimidinas, que está ausente en Bikonta. Estes tres xenes son as dos encimas carbamoíl fosfato sintase, dihidroorotase, aspartato carbamoiltransferase, que están fusionados nos Unikonta, pero non en bacterias nin en Bikonta. Esta característica debeuse adquirir por medio dunha dobre fusión, un par de eventos bastante raros, que tivo lugar no devanceiro común de Opisthokonta e Amoebozoa.
Cavalier-Smith [1] propuxo inicialmente que os Unikonta ancestrais tiñan un só flaxelo e un só corpo basal. Porén, isto é improbable, xa que os opistocontos flaxelados, igual que algúns Amoebozoa flaxelados, como Breviata, realmente teñen dous corpos basais, igual que os Bikonta típicos (aínda que só un dos corpos basais está flaxelado na maioría dos Unikonta). Esta disposición en parella pode tamén verse na organización dos centríolos das células animais típicas. Malia o nome do grupo, o antepasado común de todos os unicontos era probablemente unha célula con dous corpos basais.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Cavalier-Smith T (2002). "The phagotrophic origin of eukaryotes and phylogenetic classification of Protozoa". Int. J. Syst. Evol. Microbiol. 52 (Pt 2): 297–354. PMID 11931142. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 23 de xuño de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 Cavalier-Smith, Thomas (2003). "Protist phylogeny and the high-level classification of Protozoa". European Journal of Protistology 39 (4): 338–348. doi:10.1078/0932-4739-00002.
- ↑ A Minge M, Silberman JD, Orr RJ; et al. (2008). "Evolutionary position of breviate amoebae and the primary eukaryote divergence". Proc. Biol. Sci. 276 (1657): 597–604. PMC 2660946. PMID 19004754. doi:10.1098/rspb.2008.1358.
- ↑ Burki F, Pawlowski J (2006). "Monophyly of Rhizaria and multigene phylogeny of unicellular bikonts". Mol. Biol. Evol. 23 (10): 1922–30. PMID 16829542. doi:10.1093/molbev/msl055.
- ↑ Alexandra Stechmann and Thomas Cavalier-Smith (2003). "The root of the eukaryote tree pinpointed". Current Biology 13 (17). PMID 12956967.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Tree of Life Eukaryotes Arquivado 29 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.