Valdivia
Valdivia é unha comuna, cidade e un municipio chileno da provincia de Valdivia, que tamén é capital da XIV rexión de Los Ríos. A cidade é situada na costa do Pacífico, nas proximidades do Río Calle-Calle. Valdivia dista uns 841 km da urbe de Santiago de Chile.
Epónimo | Pedro de Valdivia (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Chile | |||
Rexión | Rexión de Los Ríos | |||
Provincia | Provincia de Valdivia | |||
Comuna | Valdivia (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 150.048 (2017) (3.272,58 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua castelá | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 45,85 km² | |||
Altitude | 5 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1552 (Gregoriano) | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Carla Amtmann (en) (2021–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 5090000 | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | munivaldivia.cl |
Historia
editarO primeiro gobernador de Chile, Pedro de Valdivia, enviou ao almirante Juan Bautista Pastene á zona, quen explorou a baía de Corral no 1544, e logrou bautizar a zona co nome do seu superior. Máis tarde, o 9 de febreiro de 1552, Valdivia fundou a cidade co nome de Santa María la Blanca de Valdivia sobre unha aldea indíxena chamada Ainil. No 1598, despois do desastre de Curalaba, Valdiva foi abandonada e destruída polos nativos huilliches. Foi repoboada en 1645, pero os arredores foron controlados polos indíxenas Lafkenche-huilliche.
A cidade creceu e formouse un importante porto, o seu río é un dos poucos ríos navegables do país, e na época, Valdivia foi a cidade máis austral de Chile con numerosos e ben equipados fortes militares[1]. No 1821 foi capturada polos independentistas de Chile. Na época, foi lanzada oficialmente a colonización alemá e no 1850 chegan os primeiros á zona impulsando a industrialización. Tamén queimaron grandes áreas de pluviselva valdiviana para conseguir terras agrícolas. En 1909, un grande incendio destruíu o centro da cidade que logo foi reconstruído[2]. O 1960, o 22 de maio foi rexistrado o terremoto máis forte na historia da Terra,[Cómpre referencia] cunha magnitude é de 9,5 Richter (Terremoto de Chile de 1960), que destruíu o 40% da cidade. Desde o 2 de outubro de 2008, entrou en vigor a nova rexión chilena de Los Ríos XIV, da cal Valdivia é capital.
Galería de imaxes
editarCidades irmandadas
editarNotas
editar- ↑ Valdivia entre Ríos y Piratas, gochile.cl - Consultado o 9 de xaneiro de 2014 (en castelán)
- ↑ La historia y las imágenes del gran incendio que destruyó Valdivia hace 100 años, Cultura, latercera.com Arquivado 07 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. - Consultado o 9 de xaneiro de 2014 (en castelán)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valdivia |