Valle Gran Rey
Valle Gran Rey é un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado no oeste da illa de La Gomera. Ten unha extensión de 36,36 km² e unha poboación de 5.116 habitantes (INE, xaneiro 2007). A altitude da capital municipal é de 100 metros sobre o nivel do mar.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Provincia de Santa Cruz de Tenerife | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.719 (2023) (145,83 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 32,36 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 45 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Miguel Ángel Hernández Méndez (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 38870 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 38049 | ||||
Páxina web | vallegranrey.es |
Trátase dun municipio cuxa poboación se atopa bastante dispersa en numerosos barrios e casaríos que se dispón no seu maior parte ao longo do barranco que lle dá nome e na plataforma costeira. A capital está establecida no lugar de La Calera desde 1930, antes estivo en Arure, que daba tamén nome antigamente ao municipio. Outras entidades de poboación relevantes son Las Hayas, Taguluche, La Playa e Vueltas.
Economía
editarA economía de Valle Gran Rey baseábase ata os anos 70 do século XX na pesca e na agricultura, especialmente no cultivo do plátano. A partir de entón adquiriu certa relevancia como destino turístico alternativo, o cal propiciou un certo desenvolvemento urbanístico. Na actualidade é a través do sector terciario por onde se obteñen os maiores ingresos, especialmente por medio do turismo procedente sobre todo de Alemaña e das propias illas Canarias.
Porto de Vueltas
editarO porto de Vueltas é un porto eminentemente pesqueiro polo que a poboación dos municipios contiguos, ata os anos 70 do século XX, baseaba a súa economía na pesca e o cultivo do plátano. Desde hai anos un barco rápido cobre a liña Valle Gran Rey - Porto Santiago - San Sebastián - Los Cristianos (Tenerife), varias veces ao día, posibilitando a chegada a este municipio máis fácil e rápido por mar que por estrada e mellorando así as comunicacións da illa.
Poboación
editarAno | Poboación | Densidade |
---|---|---|
1991 | 3.103 | - |
1996 | 3.631 | - |
2001 | 4.238 | 132,46/km² |
2002 | 4.248 | - |
2003 | 4.487 | 138,65/km² |
2004 | 4.745 | 144,22/km² |
2006 | 5.040 | 153,19/km² |
2007 | 5.116 | 155,5/km² |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valle Gran Rey |