Valor
Un valor é unha calidade dun suxeito ou obxecto. Os valores son agregados ás características físicas ou psicolóxicas, tanxibles do obxecto; é dicir, son atribuídos ao obxecto por un individuo ou un grupo social, modificando, a partir desa atribución, o seu comportamento e as súas actitudes cara ao obxecto en cuestión. O valor é unha calidade que lles confire ás cousas, aos feitos ou ás persoas unha estimación, sexa negativa ou positiva.
Características
editarPódese dicir que a existencia dun valor é o resultado da interpretación que fai o suxeito da utilidade, o desexo, a importancia, o interese ou a beleza do obxecto. É dicir, a valía do obxecto é, en certa medida, atribuída polo suxeito de acordo cos seus propios criterios e a súa interpretación, produto dunha aprendizaxe, dunha experiencia, a existencia dun ideal incluso da noción dunha orde natural que transcende o suxeito en todo o seu ámbito.
Posto que os valores non son cousas, nin elementos das cousas, entón os valores son impresións subxectivas de agrado ou desagrado, que as cousas nos producen a nós e que nós proxectamos sobre as cousas. Acudiuse entón ao mecanismo da proxección sentimental; acudiuse ao mecanismo dunha obxectivación, e díxose: esas impresións gratas ou ingratas, que as cousas nos producen, nós arrincámolas do noso eu subxectivo e proxectámolas e obxectivámolas nas cousas mesmas, e dicimos que as cousas mesmas son boas ou malas, ou santas ou profanasGarcía Morente
Valores como honestidade, lealdade, identidade cultural, respecto, responsabilidade, solidariedade, amor, tolerancia, sinceridade etc. son fundamentais para a convivencia pacífica da sociedade.
Con todo, como en moitos dos temas antropolóxicos pódese considerar que a liberdade ou a solidariedade máis que valores persoais ou sociais son os seus fundamentos de valor, o que delimita o ámbito axiolóxico. Como calidades apreciadas polo suxeito só adquiren o rango de valores no momento en que son alcanzadas como prácticas persoais e/ou colectivas. Noutras palabras, a liberdade non é un valor polo contido do concepto ou por ser apreciada como unha práctica desexable dun determinado grupo social; a liberdade é un valor cando é apreciada e exercida polos suxeitos, é dicir, demanda situacións praxeológicas, é o exercicio da liberdade nunha comunidade. Isto coñécese como dialéctica obxecto-suxeito, relación recíproca entre o obxecto considerado como valioso polo pensamento e a práctica do suxeito de hábitos virtuosos.
Tipos de valores
editarExisten diversos tipos de valores, como son os valores económicos, os sociais e os morais ou espirituais. A axioloxía non pode xerarquizar os valores; cada un ten aspectos ou propiedades importantes e ademais interactúan entre si. Son antivalores aqueles que desvalorizan o mundo na súa riqueza natural e espiritual.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- García Morente, Manuel (1992). Editores Mexicanos Unidos, ed. Lecciones preliminares de filosofía. ISBN 968-15-0064-4.
- Yurén Camarena, María Teresa (1995). Universidad Pedagógica Nacional, ed. Eticidad, valores sociales y educación. México. ISBN 968-6898-50-6.
- Frondizi, Risieri (1992). Fondo de Cultura Económica, ed. ¿Qué son los valores?. México. ISBN 968-16-0140-8.
- Gutiérrez, Raúl (2002). Esfinge, ed. Introducción a la Ética. México.