Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Vanellus

xénero de aves

Vanellus é un xénero de aves da orde dos caradriformes, suborde dos caradrios e familia dos carádridos.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo e filósofo francés Mathurin Jacques Brisson.[1][2][3][4]

Etimoloxía

editar

O nome científico Vanellus deriva do francés vanneau, "avefría", e este do francés antigo vaniel (datado en 1229),[5][6]

Sinónimos

editar

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:

Segundo o GBIF:[2]

  • Afribyx Mathews, 1913
  • Afrovanellus Livezey, 2010
  • Anitibyx Wolters, 1974
  • Belonopterus Reichenbach, 1852
  • Chaetusia Agassiz, 1846
  • Cheltusia Verreaux, 1855
  • Chettusia Bonaparte, 1838
  • Chetusia Gray, 1841
  • Choetusia Blyth, 1854
  • Hemiparra Salvadori, 1865
  • Holopterus Brehm, 1845
  • Hoplopterus Bonaparte, 1831
  • Lobivanellus Strickland, 1841
  • Sarciophorus Strickland, 1841
  • Sarkiophorus Heuglin, 1856
  • Stephanibis Blyth, 1860
  • Stephanibyx Reichenbach, 1852
  • Titihoia Roberts, 1924
  • Xiphidiopterus Reichenbach, 1852-53

Segundo a BioLib:[3]

  • Lobibyx Heine & Reichenow, 1890
  • Lobipluvia Bonaparte, 1856
  • Lobipuria Neave, 1939
  • Lobivanellus Strickland, 1841
  • Zonifer Sharpe, 1896
  • Lobivanellus Reichenbach, 1853
  • Sarciophorus Reichenbach, 1853

Especies

editar

Na actualidade recoñécense no xénero, segundo o ITIS, as seguintes especies:[1]

Porén, o WoRMS só recoñece as seguintes:[4]

Características

editar

As especies de Vanellus son limícolas de tamaño mediano e patas longas.

Algunhas especies comúns no hemisferio norte, como Vanellus vanellus, teñen unha delgada crista, algo que comparte con soamente dúas especies máis.

Só as avefrías do norte, sociábeis, de cola branca, cabeza gris e peito pardo, son especies verdadeiramente migratorias.

As avefrías meridionais e andinas e avefrías teñen os ollos vermellos.

As especies poden ser pequenas ou grandes. Varias destas últimas superan os 30 cm de lonxitude.

Galería

editar
  1. 1,0 1,1 Vanellus Brisson, 1760 no ITIS. Consultado o 9 de setembro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Vanellus Brisson, 1760 no GBIF. Consultado o 9 de setembro de 2022.
  3. 3,0 3,1 Vanellus Brisson, 1760 na BioLib. Consultada o 9 de setembro de 2022.
  4. 4,0 4,1 Vanellus Brisson, 1760 no WoRMS. Consultado o 9 de setembro de 2022.
  5. vanneau[Ligazón morta] en Le Trésor de la Langue Française Informatisé.
  6. Vanellus no Merriam-Webstwer Dictionary.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar