Verza
- Este artigo trata sobra a hortaliza, para a alga véxase verza de mar.
Verza | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Verzas ou coias galegas | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Brassica oleracea var. acephala L.,Sp. Pl., vol. 2, p. 667. 1753 [1] |
A verza, coia ou coella[1], é unha variedade de col (Brassica oleracea var. acephala), de toco bastante alto e follas largas, usada no típico caldo de verzas de Galiza e de Portugal e tamén na confección da sopa coñecida como caldo verde, típica de Portugal. Tamén é popular en Asturias, Cantabria e o País Vasco e Navarra, así como no norte de Castela e León (Burgos, Palencia, León).
Caracterízase (e de aí o nome da variedade, acephala) porque as follas non forman a cabeza terminal típica das coles, senón que van nacendo ao longo do talo ou canoto.
Tamén se lle chama verza á folla das coias en xeral.
Etimoloxía
editarO termo galego verza vén do latín vulgar virdia (“cousas verdes”)[2]. Os termos col, coia, coube e coella veñen do latín caulis (caule, talo).[3] En Portugal, esta planta denomínase couve-galega.
Cultivo
editarEsta variedade é cultivada principalmente en Europa e América. Aínda que sexa moi utilizada na cociña do Brasil, prefire climas fríos en vez de climas tropicais. Constitúe a variedade máis robusta de couve, tendo algunha caules subleñosos. Tolera case todo o tipo de solos, preferindo terreos con drenaxe satisfactoria -os terreos moi húmidos provocan a putrefacción das raíces que forman tubérculos como síntoma-. Son tamén moi resistentes ás pragas, como a mosca da col (Delia radicum), aínda que as larvas da bolboreta da col tamén provoquen algúns estragos nos cultivos.
Ademais do seu uso na alimentación humana, as follas empréganse adoito para a ceba do gando, especialmente porcino.
Pragas e enfermidades
editarHistoria
editarAté o final da Idade Media, a verza constituía a verdura máis utilizada en Europa. Na Grecia xa se consumían variedades crespas ou máis lisas, no século IV a.C.. Estas, xa referidas polos antigos romanos como couve sabeliana, son consideradas as formas ancestrais das verzas actuais. Hoxe pódense diferenciar de acordo coa lonxitude do caule e polas características das follas. A cor das follas varía entre o glauco, verde-escuro, verde-violáceo ou castaño-violeta.
Uso culinario
editarAs follas novas de verzas deste tipo poden ser utilizadas en saladas, apreciándose particularmente o uso concomitante de amendoíns torrados, améndoas torradas con mollo de soia e pemento vermello.
O caldo verde portugués e galego teñen como principais ingredientes a pataca e a verza. No noroeste de Alemaña, nas cidades de Bremen e Oldenburg, desenvolveuse toda unha cultura relacionada con estes tipos de verza. É frecuente que os restaurantes fagan as "Grünkohlfahrt", principalmente en xaneiro, onde se consome grandes cantidades de verzas, salchichas e schnaps. Existen festivais anuais en que se elixe, inclusive, o "rei das verzas."
Son vexetais ricos en ferro, vitamina C e calcio. Debido ao seu valor nutricional, é un dos alimentos preferidos dos vexetarianos.
Literatura
editarA escola Kailyard, na literatura escocesa, que incluíu autores como J. M. Barrie (autor do Peter Pan), caracterizábase por temas relacionados coa vida rural tradicional escocesa. Kailyard significa "campo de verzas".
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para verza.
- ↑ "verza" Arquivado 11 de xullo de 2013 en Wayback Machine. en DIGALEGO.
- ↑ "col" en rae.es.
- ↑ 4,0 4,1 Nome vulgar en galego en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988
- ↑ Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, 1991