Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Vikrama Samvat é o nome dun dos varios calendarios hindús, dado que na India existen moitos calendarios en uso:

  • Vikrama Samvat: lunar e sideral solar por anos.
  • Shaka Samvat (tradicional): lunar e solar tropical.
  • Calendario Bangla: solar tropical por anos.
  • Tamilnadu/Kerala: solar tropical por anos como o calendario Malayalam.
  • Bikram Sambat Nepalés: solar tropical por anos.

A maioría das festas na India están baseadas nos dous primeiros calendarios. Algúns baséanse no ciclo solar como o Sankranti (solar sideral) e o Baisakhi (solar tropical).

Meses e correspondencias aproximadas

editar

Máis abaixo aparece unha listaxe dos meses na India. Shaka e Chaitradi Vikram (UP, Rajasthan e outros) comezan con Chaitra; Kartikadi Vikram (Gujarat, Maharashtra) comezan con Kartika.

# Hindú Gregoriano
1 Chaitra Marzo-abril
2 Vaisākha Abril-maio
3 Jyeshta Maio-xuño
4 Āshāda Xuño-xullo
5 Srāvana Xullo-agosto
6 Bhādrapada Agosto-setembro
7 Ashwina Setembro-outubro
8 Kārtika Outubro-novembro
9 Mārgasirsa
(Agrahayana)
Novembro-decembro
10 Pausha Decembro-xaneiro
11 Māgha Xaneiro-febreiro
12 Phālguna Febreiro-marzo

Os Nakshatras son divisións de ciclos onde cada 13° 20' comezan desde 0° Aries. O purnima de cada mes está sincronizado cun nakshatra.

Ciclos na India

editar

Os ciclos do tempo na India son os seguintes:

  • Ciclo de 60 anos.
  • O ano.
  • As seis estacións do ano.
  • Cerca de 60 días (2 meses) nunha estación.
  • O mes (lunar).
  • 2 pakshas nun mes, shukla (crecente) e krishna (escuro).
  • 15 tithis nun paksha (1-14, ou XV é purnima ou amavasya).
  • 60 ghatikas (ou 30 muhurtas ou 8 praharas) nun período de 24 horas (ahoratra).
  • Algúns períodos máis a completar.

Os anos están sincronizados co ano solar sideral a través da adición ou subtracción de meses.

Conversión de datas

editar

Converter unha data dun calendario hindú a unha era común aproximada require unha complexa operación matemática:

  • Chaitradi Vikram (pasado): Chaitra-Pausha: subtraer 57; Pausha-Phalguna: subtraer 56.
  • Shaka: sumar 78-79.
  • Kalachuri: sumar 248-249.
  • Gupta/Valabhi: sumar 319-320.
  • Bangla: sumar 593-594.
  • Vira Nirvana: subtraer 527-526.

Variacións

editar
  • En UP/Rajasthan, os meses son purnimanta. En Gujarat/Maharashtra, son amanta.
  • En inscricións, os anos deben ser gata (antigos) ou correntes.

Véxase tamén

editar
  • Rai Bahadur Pandit Gaurishankar Hirachand Ojha, 'The Paleography of India', 2 ed., Ajmer, 1918, reprinted Manshuram Manoharlal publishers, 1993.