Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Volume (magnitude)

magnitude física
(Redirección desde «Volume (física)»)

O volume é a magnitude física que expresa a cantidade de espazo que ocupa un obxecto. A súa ecuación de dimensións é [V]=L3. A súa unidade no Sistema Internacional de Unidades é o metro cúbico (m3). Outra unidade moi empregada é o litro (l). Equivalencias: 1m3=1000l; 1l=10−3m3=1dm3

Unidades de volume

editar

Pódense clasificar en tres categorías:

  • Unidades de volume sólido. Miden o volume dun corpo utilizando unidades de lonxitude elevadas á terceira potencia. Dise volume sólido porque en xeometría emprégase para medir o espazo que ocupan os corpos tridimensionais, e dáse por entendido que o interior destes corpos non está oco, senón que é sólido.
  • Unidades de volume líquido. Estas unidades foron creadas para medir o volume que ocupan os líquidos dentro dun recipiente.
  • Unidades de volume de áridos, tamén chamadas tradicionalmente unidades de capacidade. Estas unidades foron creadas para medir o volume que ocupan as colleitas (legumes, tubérculos, forraxes e froitas) almacenadas nos celeiros. Estas unidades foron creadas porque antes non existían métodos adecuados para pesar todas as colleitas nun tempo breve, polo que era máis práctico facelo usando o volume. Actualmente estas unidades son pouco utilizadas.

Unidades de volume sólido

editar

Sistema Internacional de Unidades

editar

O metro cúbico é a unidade fundamental do SI para volumes. Debe considerarse cos seguintes múltiplos e submúltiplos:

Múltiplos

Submúltiplos

Sistema inglés de medidas

editar

Unidades de volume líquido

editar

Sistema Internacional de Unidades

editar

A unidade máis usada é o litro, pero debe ser considerada cos seguintes múltiplos e submúltiplos:

Múltiplos

Submúltiplos

Sistema inglés de medidas

editar

No Reino Unido e Estados Unidos

Medidas usadas na cociña

editar