Weimar
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
- Para o municipio chamado Weimar, véxase Weimar, Lahn.
- Para a cidade de Texas, véxase Weimar, Texas.
Weimar é unha cidade de Alemaña. Está situada a beiras do río Ilm e ao pé da montaña Ettersberg, no Bundesland de Turinxia (alemán Thüringen). A súa poboación actual é de 64.594 habitantes (31 de decembro de 2005), o cal convértea na cuarta cidade máis grande de Turinxia, logo de Erfurt, Gera e Jena. Ademais, é unha das poucas cidades grandes deste estado, cuxa poboación aumenta anualmente. O rexistro máis antigo da cidade data do ano 899.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Turinxia | ||||
Capital de | Saxe-Weimar (en) (1572–1809) Grão-Ducado de Saxe-Weimar-Eisenach (pt) (1809–1918) Kreis Weimar-Land (en) (1952–1994) | ||||
Contén a división administrativa | Ehringsdorf (en) Gaberndorf (en) Gelmeroda (en) Legefeld (en) Niedergrunstedt (en) Oberweimar Possendorf (en) Schöndorf (en) Süßenborn (en) Taubach (en) Tiefurt (en) Tröbsdorf (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 65.611 (2023) (776,65 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 84,48 km² | ||||
Bañado por | Ilm (en) | ||||
Altitude | 208 m | ||||
Punto máis alto | Ettersberg (en) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Q103982756 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Peter Kleine (pt) (2018–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 99423, 99425 e 99427 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 03643 e 036453 | ||||
Código NUTS | DEG05 | ||||
Número de municipio alemán | 16055000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | weimar.de |
Weimar é un dos lugares con maior riqueza cultural de Europa, xa que foi fogar de grandes personaxes como o pintor Lucas Cranach o Vello, o reformador Martiño Lutero, o compositor Johann Sebastian Bach, os escritores Johann Wolfgang von Goethe, Friedrich Schiller e Christoph Martin Wieland, os filósofos Johann Gottfried von Herder, Friedrich Wilhelm Nietzsche e Arthur Schopenhauer, o músico Franz Liszt e os fundadores da escola de deseño, arte e arquitectura Bauhaus.
Foi un lugar de peregrinación para a intelectualidade alemá, desde que Goethe se trasladou por primeira vez á cidade a finais do século XVIII. Na cidade pódense atopar as tumbas de Goethe, Schiller, e Nietzsche, así como o Arquivo de Goethe e Schiller, o Arquivo Estatal de Turinxia, o Arquivo Musical de Turinxia e a Biblioteca da princesa Anna Amalia.
Durante o período da Historia de Alemaña de 1919-1933 fálase da República de Weimar, pola constitución da República, que foi redactada na cidade, mentres que a capital, Berlín, cos seus disturbios rueiros logo da revolución de 1918, foi considerada demasiado perigosa para convocar á Asemblea Nacional constituínte.
Weimar foi o centro do movemento Bauhaus e actualmente ten diversas galerías de arte, museos, o Teatro Nacional Alemán, e dous institutos de educación superior: a Universidade Bauhaus e a Escola Superior de Música Franz Liszt. Durante a segunda guerra mundial, houbo un campo de concentración ao noroeste da cidade, en Buchenwald, un pequeno bosque ao que Goethe gustáballe frecuentar. Con todo, a diferenza de moitas outras cidades alemás, Weimar non sufriu demasiados danos durante esta guerra, polo que o seu centro antigo consérvase no seu maior parte.
A parte clásica de Weimar é considerada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO desde 1998. Igualmente, a cidade foi seleccionada Capital Europea da Cultura en 1999.
Cidades irmandadas
editar- Hämeenlinna (Finlandia) - 6 de setembro do ano 1970.
- Trier ou Tréveris (Alemaña) - 24 de maio do ano 1987.
- Siena ou Sena (Italia) - 15 de abril do ano 1994.
- Blois (Francia) - 19 de febreiro do ano 1995.
Predecesor: Estocolmo |
Capital Europea da cultura 1999 |
Sucesor: Aviñón Bergen |
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Weimar |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en alemán)
- Páxina oficial (en inglés)
- Galerías de arte en Weimar (en inglés)
- Museo Ginkgo, Weimar (en inglés)