William Jardine
Sir William Jardine, nado o 23 de febreiro de 1800 en Edimburgo, e finado na mesma cidade o 21 de novembro de 1874, foi un nobre (7º baronet de Applegirth) e naturalista escocés.
Traxectoria
editarJardine contribuíu considerabelmente á vulgarización da historia natural no Reino Unido vitoriano, editando a moi popular The Naturalist's Library (en corenta volumes). Esa obra está dividida en catro partes principais: ornitoloxía, mamiferoloxía, entomoloxía e ictioloxía. Cada parte foi preparada por eminentes naturalistas. Entre os artistas que colaboraron nese proxecto está Edward Lear (1812-1888).
Outras publicacións de Jardine son:
- Natural History of Selborne de Gilbert White (1720-1793) (o que contribuíu ao recoñeeimento deste naturalista).
- Illustrations of Ornithology (1825-1843).
- Tamén colaborou na publicación de Birds of America de Alexander Wilson (1766-1813).
Jardine foi o autor de numerosas descricións de especies de aves, moitas delas en colaboración co seu amigo Prideaux John Selby (1788-1867).
Abreviatura
editarA abreviuatura Jardine emprégase para recoñecer a William Jardine como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William Jardine |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: William Jardine |
Bibliografía
editar- Christine Elisabeth Jackson & Peter Davis (2001): Sir William Jardine: a life in natural history. Leicester: Leicester University Press. ISBN 0-7185-0164-0.
Ligazóns externas
editar- Obituario, en Nature, Vol. 11, 74-76, 26 de novembro de 1874.
- Obituario, en Osbert Salvin (Editor), Ibis, Quarterly Journal of Ornithology, Vol. V, páx. 522, 1875.
- Jardine, Sir William (1838). Natural History of the Birds of Great Britain and Ireland. Part I. Birds of Prey. vol. 9. Edinburgh: W. H. Lizars.
- "Sir William Jardine" litografía por Thomas Herbert Maguire, impresa por M. & N. Hanhart c. 1851 na National Portrait Gallery.
- Jardine, William (1833): The natural history of humming-birds, vol. 1 Arquivado 19 de novembro de 2018 en Wayback Machine. - facsímile dixital da biblioteca Linda Hall.