Xenio (persoa)
A xenialidade asóciase tipicamente a logros sen precedente, creativos, orixinais e universais.
Non existe unha definición científica precisa de xenio, e a cuestión sobre se a noción en si mesma ten algún significado foi longamente debatida. O termo é utilizado en varios sentidos: para referirse a un aspecto particular dun individuo, ou ó individuo completamente; a un coñecedor de moitas disciplinas ou un coñecedor dunha área en particular (por exemplo Albert Einstein). A distinción entre xenialidade e habilidade é materia de debate do que a psicoloxía ofrece visións relevantes. Para algúns, como o crítico literario, Harold Bloom: "O talento non debe ser orixinal, o xenio, debe selo", así o afirma na súa obra literaria "Xenios".
Etimoloxía
editarNa Antiga Roma, o xenio era o espírito guía ou deidade tutelar dunha persoa, familia (gens) ou lugar (genius loci).[1] O substantivo (do verbo latín gigno, genui, genitus, "traer á vida", "crear") está relacionado con enxeño como sinónimo de creatividade e con enxeñaría. Nos tempos de Augusto fíxose común a acepción "inspiración", "talento".[2]
O artigo Génie da L'Encyclopédie, atribuído a Diderot en 1757, instaura a diferenza entre «o home xenial» (do cal se busca estudar a fisioloxía e a psicoloxía) e «a produción» literaria ou musical que provoca a necesidade de estudala.[3]
Notas
editar- ↑ genius (n.d.), Dictionary.com Unabridged (v 1.1), Dictionary.com
- ↑ Oxford Latin Dictionary (Oxford: Clarendon Press, 1982, 1985 reimpresión), genius, p. 759 e gigno, p. 764.
- ↑ L'Encyclopédie, génie (Philof. Litt.). Encyclopédie ou Dictionnaire universel raisonné des connoissances humaines.