Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Yeardley Smith

actriz estadounidense

Yeardley Smith, nada en París o 3 de xullo de 1964, é unha actriz estadounidense.

Modelo:BiografíaYeardley Smith

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
EducaciónMaret School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de televisión, actriz de cinema, guionista, actriz de dobraxe, creadora de podcast Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1982 Editar o valor en Wikidata -
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webyeardleysmith.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0810379 Allocine: 139104 Allmovie: p66604 TCM: 180187 TV.com: people/yeardley-smith IBDB: 70862
Twitter: YeardleySmith Instagram: yeardley_smith Musicbrainz: ab00a73e-77af-4e99-879e-5757e7a695d6 Discogs: 513409 Editar o valor en Wikidata
Yeardley Smith en 2007.

Traxectoria

editar

Filla de pais estadounidenses, mudou a súa residencia en 1966. Estudou teatro e converteuse nunha actriz profesional en 1982. En 1984 residía en Nova York e actuaba na produción de Broadway The Real Thing. O seu primeiro filme foi Heaven Help Us (1985), seguido de The Legend of Billie Jean (1985) e Maximum Overdrive (1986). Trasladouse aos Ánxeles realizando un papel recorrente na serie Brothers (1986-1989). En 1987 presentouse a un casting para unha serie de curtas sobre unha familia disfuncional en The Tracey Ullman Show, pensando no papel de Bart Simpson, pero o director de casting pensou que a súa voz se adaptaba mellor ao personaxe de Lisa Simpson, deulle voz durante tres tempadas en The Tracey Ullman Show, e a partir de 1989 na serie The Simpsons, polo seu traballo recibiu un Emmy.

Asemade de The Simpsons, Smith actuou na comedia de situación Herman's Head (1991-1994) facendo o personaxe de Louise, e tivo papeis recorrentes como Marlene en Dharma & Greg, e Penny en dous episodios de Dead Like Me. Pero tamén seguiu a actuar en filmes, como Just Write (1997) ou As Good as It Gets (1997). No ano 2004 interpretou o monólogo More no Union Square Theatre de Nova York.